Vida máis levadeira
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de enero de 2015
Que a vida ten etapas difícles, ninguén o pon en dúbida.
Do que se trata é de face-la vida máis levadeira aplicando multitude de armas que posúe a nosa mente.
A maneira de pensar e de efoca-los probemas varía moito dunhas persoas a outras.
Ó longo da miña vida teño coñecido persoas que tendo problemas como todos, ou algúns máis que a maioría dos humanos- saben encauzalos, asumilos e aceptalos como algo relativo.
Admiro ese tipo de persoas por varios motivos:
-Non se están lamentando constantemente dos seus problemas e polo tanto resulta agradable a súa compañía.
-Buscan a solución ou solucións máis axeitados para sobrelevalos con grandes doses de pacienca e cariño.
-Incluso relativizan os problemas porque son conscientes de que outras moitas persoas están en peores condicións que elas.
-Son persoas que saben conformarse co que teñen e din que o que se conforma co que ten, está sempre ben.
-Axúdanche a relativizar e aliviar os teus problemas porque resulta relaxante a súa compañía.
Estas persoas son grandes mestras da humanidade e pertencen a tódalas clases sociais aínda que todas elas teñen varias cousas em común:
-Son persoas cun corazón enorme.
-Son persoas moi pacíficas e moi sufridas.
-Son persoas moi entregadas tanto ós seus como ós outros, participando en obras sociais, asociacións, ONGs, etc.
-Son persoas con moita capacidade de renuncia a si mesmas. Foron educadas para amar ó próximo incluso máis que a elas mesmas en moitas ocasións.
-Son persoas moi exemplares.
-Nas súas mentes non deixan espacio para a tentación.
-Nas súas mentes non caben e os complexos, nin os caprichos, nin as superficilidades.
-Nas súa mentes non habitan as envexas. Incluso se alegran e celebran intensamente o ben alleo, e por suposto- non fan mal a ninguén.
-Nas súas mentes non habita a maldade porque teñen todo o espazo ocupado con bondade e máis bondade.
-Adoitan a ser persoas moi asequibles, moi próximas porque non fan distincións por razóns sociais, nin culturais, nin de raza, nin de relixión.
-Adoitan ser persoas moi comprensivas cos problemas dos outros porque gozan dunha gran empatía e son capaces de vestirse coa pel dos outros e calzar os seus zapatos.
¿Por que non abundan este tipo de persoas?
As razóns serán tan variopintas como as persoas porque cada persoa ten a súa historia, a súa xenética, a súa cultura e a súa meneira de enfoca-la vida.
Seguramente terá moito que ver a educación recibida na infancia e tamén a presión social.
Neste mundo acelerado no que todos estamos máis ou menos inmersos non resulta doado ser un mesmo.
Desde pequenos edúcannos para competir:
-Na mesma familia adoita a compararse os irmáns, ignorando que cada un ten as súas capacidades.
-Na mesma familia dáselle á infancia todo canto pide e máis co obxectivo de que non lle falte de nada, educando deste xeito para o hedonismo e a veces para a vagancia.
-Na mesma familia fáiselle a vida canto máis doada mellor. ¡Non vaia ser que se traumatice a criaturiña!
-Etc, etc.
¿E que dicir da sociedade actual?
O materialismo imponse en moitas ocasións á espiritualidade.
De espiritualidade fálase moi pouco e de relixión moito menos. Incluso hai quen a menospreza ignorando o seu coñecemento mesmo a nivel cultural.
O consumismo compulsivo bombardéanos por todas partes.
É máis o que máis ten, o que máis consume e o que máis poder adquisitivo ten.
Este tipo de vida leva ó enfrontamento entre as persoas e por eso hai cada día máis discordias.
Celebramos o DÍA DA PAZ para resaltar precisamente este tipo de cousas.
A paz non se compra nin se cosegue celebrando días e máis días da paz.
A paz hai que educala desde a máis tenra infancia: no fogar e logo na escola.
A paz hai que mamala na propia familia.
Existen moitas familias que cultivan estes valores fundamentais e universias de convivencia.
Elas son a semente que dará froitos cando os nenos de hoxe en día alcancen a idade adulta.
Mentres tanto, toca esperar que cada día sexan máis as familias que tomen cartas no asunto.
Porque na familia está a raíz de todo.
A RAÍZ ESTÁ NA FAMILIA
Este será o vindeiro título.
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora