Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xente seria

viernes, 17 de marzo de 2006
A Vicepresidenta do Goberno vai a un país africano, vístese coa roupa habitual das mulleres do país, e márcase uns pasos dunha danza tamén das mulleres daquel país. Plenamente correcto.

O Señor Zaplana considera que a Vicepresidenta se disfrazou e pídelle que en algún momento se disfrace de Vicepresidenta. Despropósito. Totalmente incorrecto.

As deputadas de esquerda, en protesta polas palabras do Sr. Zaplana, vanse do hemiciclo. Despropósito. Totalmente incorrecto.

Esto ocorre no Parlamento español, unha institución seria na que se abordan os temas primordiais que deben marca-la convivencia dos españois.

Parece mentira que os nosos representantes teñan tan pouco sentido, e que moitas veces o seu comportamento nos faga sentir vergoña allea.

De verdade, ¿a clase política dun país representa en todo momento a ese pais?. De verdade, ¿non nos merecemos algo mellor?.

Arias Cañete considera que os debates no Parlamento deben permitir estes e outros moitos niveis de discrepancia. Pero é parte interesada, e posiblemente non valla a opinión.

Calificar de disfraz o que é achegarse ós xeitos de vivir dun pobo que acolle a un político extranxeiro, é impresentable. Abandoar os escanos porque non gosta o que se escoita, é impresentable. ¿Somos tan impresentables que merecemos que nos represente alguén que se porta como un impresentable?. Esto non depende de cores; depende de comportamentos.

Xa está ben. Pórtense como se fose xente seria. Que, os representados, somos xente seria.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES