Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rotondas

lunes, 26 de enero de 2015
Hai uns días ía eu no coche cun amigo á altura do pavillón dos Remedios a hora máis ou menos punta e cando me decatei estaba situado no carril interior do meu sentido de marcha, con todo o carril da dereita ocupado, co cal facíaseme difícil entrar na rotonda a través do carril adecuado que me permitise saír da circular sen provocar ningunha manobra que poidera poñer en perigo a nosa integridade, así como a de calquera outro vehículo que circulase parello a nós.

"Cando me pasa isto, eu dou a volta completa á rotonda e logo vólvome incorporar ó carril correcto de saída", díxome o meu compañeiro de viaxe, con certa autoridade moral, non en van sabe do que fala porque nalgún momento da súa vida explorou por esa vía a súa saída profesional. E tal foi que lle fixen caso, dándolle unha volta de 360 graos ó poderoso monumento pétreo que encara a ponte do Milenio e que na dirección que levabamos cara a saída centro da autovía nos sinalaba a seguinte rotonda, esa que sostén a pretendida maqueta da ponte vella en versión pedra serrada, logo de que calquera mente pensante doutrora crera, cando foi construída a circunvalación, que non había mellor homenaxe ó río Miño ca instalarlle alí a carón un remedo de pontillón que concentrase, ó xeito do "Portugal dos pequeninos", unha alegoría ó principal elemento identificativo capitalino, xunto coa burga das augas quentes e o cristo ó que lle crecen as barbas -seica- na catedral.

Foi gracias ó consello do meu acompañante que por fin caín na conta de para qué sirven as rotondas, ademais de para xogar ó tresboliño, pois ata o de agora eu sempre crin que as rotondas foran inventadas -alguén me dixo que polos franceses-, precisamente para instalar monumentos e outros perendengues, tal e como pretende o alcalde de Vigo coa traslación dun barco do cerco -o Alfageme- a unha delas e ten a media poboación do barrio olívico de Coia completamente alporizado porque seica din que os barcos son para a auga e non para dificultar a conducción nunha zona xa de seu complicada en moitas ocasións.

Ó fío do accidente acontecido nantronte na primeira e desexándolle ó infortunado conductor unha pronta recuperación, escribía onte outro amigo meu no seu muro, que era de agardar que alguén con tres dedos de fronte da administración que teña responsabilidade no asunto, aproveitara a ocasión e mandara retirala co fin de mellorar a saúde estética da cidade. E eu -como es- tou seguro de que tamén vostede- non podo menos ca apoiar con entusiasmo a moción.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES