Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Augas lonxanas

jueves, 16 de marzo de 2006
Coa natural diversidade das administracións, proliferan os organismos e entidades dedicados ós temas máis diversos coa especialización máis detallada.

Os Concellos, as Deputacións, as Autonomías, o Goberno central, o Goberno europeo, crean comisións ou agrupacións, axencias ou sociedades, gabinetes ou consellos… nun abano amplísimo no que se contempla absolutamente todo o que é competencia dunha administración, e o certo é que as administracións teñen competencia sobre case todo.

O último organismo, por agora, do que temos noticia é o “Consello Consultivo Rexional das Augas Loxanas”, que depende da Comunidade Europea, e ó que aspiraban España, Francia e Portugal, mesmo pola súa situación hacia o Atlántico, que seguro son as augas máis lonxanas da Unión Europea.

Quen di España di Galicia, poprque falando de “Augas lonxanas” parécenos que ninguén coma nós para entender de augas, o País que veu volver a Colón, e tan vencellado de séculos – pesca ou emigración- con todo o mundo, mar por medio.
Pois, non. Levouse a Axencia España, pero non Galicia. A Axencia radicara en Madrid, que se non entende de augas, aínda conserva abondas doses de centralismo como para atraer ás administracións.

A competencia deste organismo parece que será máis de aconsellar que de resolver. Pero xa nos gustaría que sobre augas se aconsellara desde Galicia á Unión Europea. Somos o País da auga, a terra dos mil ríos, o Fisterra de mil kilómetros de contacto co mar. Pero esta vez non puido ser.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES