Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xoves de Estatuto

miércoles, 15 de marzo de 2006
Xoves de comadres é unha xornada importante en determinados lugares de Galicia, no tempo do antroido. Xoves de dores é outra, relacionada coa Semana Santa. Xoves de Estatuto é unha xornada que non terá continuidade directa, pero sí vai marcar a actualidade deste País nos próximos meses, e determinar as relacións entre as nosas forzas políticas co Estatuto de por medio.

Mañá, xoves, é o día en que debe constituirse a Comisión que estudiará e elaborará o próximo Estatuto de autonomía de Galicia.

E chégase ó momento decisivo sen acordo previo en canto a quen vai presidir esa Comisión, pero coa oferta do B.N.G. de que sexa o Partido Popular quen a conduza, sexa para vencellar de xeito decisivo á primeira forza política de Galicia, sexa para convencer a tódolos galegos de que o temido en tempos por moitos como partido da esquerda extrema, os do non, os da protesta permanente é nestes tempos un partido que pon en primeiro lugar a Galicia, e basea no diálogo e no consenso o futuro do País.

Claro que tamén se pode ler este ofrecemento como un toque de atención ós seus socios do goberno de Galicia, no sentido de que nada hai inamovible, e o seu papel de bisagra segue vixente, sendo capaces de chegar a acordos con calquera como partido responsable que como primeiro obxectivo ten a gobernabilidade e o progreso deste país, nacionalidade ou nación que a todos nos engloba.

Mañá é xoves de Estatuto. A quen Deus e os votos lle dea a presidencia da Comisión, tódolos santos lle la bendiga. Porque o que interesa é que o texto que salla dela valla para todos nós e signifique progreso, cohesión e futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES