O Peto das Pensións
Cardalda, Theo - jueves, 22 de enero de 2015
Desde o Preguntoiro: O Peto das Pensións
Desde que chegou este Goberno ao poder en decembro de 2011, o PP foi votando man do peto de pensións en unha morea de ocasións, a última no pasado mes de decembro que sacou mil trescentos millóns de euros. A este ritmo de gasto, uns nove mil millóns ao ano, o peto quedará esgotado en 2019.
Este Fondo de Reserva de pensións garantida polos pactos de Toledo, que fora aprobado polo pleno do Congreso dos Deputados o seis de abril de 1995, onde non se podía retirar diñeiro, estaba ao ano 2010 en preto de setenta mil millóns de euros, agora o temos 40 mil millóns tres anos despois, ou sexa, saquearon un 40%.
Desta maneira, estes saqueadores gobernan e levan o diñeiro aforrado de todos os españois para os seus amiguetes da banca (Bankia, Caixas) e grandes empresarios corruptos, favorecendo á banca coas pensións privadas. Dentro de pouco nin teremos sanidade, ensino nin pensións, están liquidando todo en honra a súa ideoloxía neoliberal. A todo isto engadimos a rifa dos medicamentos (segundo a clase médica son os máis caros dos países do noso entorno) cos enfermos de hepatites C que están morrendo a 10 cada día, aos jubiletas xa nos están poñendo a tarxeta roxa... en forma de necrolóxica.
A mensaxe está moi clara, pensan morrer matando, ou sexa vendendo este país ás multinacionais, baldeirando as petos do aforro de 20 anos dos españois. Mentres este goberno fai subir o déficit como un globo de helio, eles falan cunha cara dura como o cemento coa canción de tódolos días para ilusos: España crece máis que ninguén. A economía está despegando (aeroporto de Castellón). Xa saímos da crise (estafa) e xa é historia... Temos que saber ata onde condenáronnos este feixe de... ao mando do Sr. dos hilillos. ¿Que cousas tan malas fixemos nós para merecer tantas falcatruadas?.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora