Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Lugo peatonal

lunes, 19 de enero de 2015
Teñen que ser os empresarios da zona monumental os que lle digan ao Concello que o tema da zona peatonal non funciona correctamente. Eles, que deberían ser os maiores beneficiarios de que pola zona peatonal circulen só os coches imprescindibles ou indispensables, son os que teñen que dar un toque de atención ao concello de Lugo, porque resultan ser os máis directamente perxudicados económicamente. Porque perxudicados, o que se di perxudicados, somos todos nós.

O punto de partida para que Lugo tivese unha zona peatonal radicaba na idea de que unha cidade sen coches resulta moito máis humana. Que as zonas monumentais se degradan –e non só fisicamente- cando os coches aparcados as invaden, cando os vehículos circulan por lugares impropios, cando se molesta aos peatóns, cando as máquinas teñen “preferencia”, dominan, aos seres humanos.

A normativa está moi clara, e só determinados vehículos poden acceder ao recinto peatonal: coches de reparto, algúns demasiado voluminosos; vehículos das empresas da zona que teñen que transportar mercadorías, taxis, servizos de urxencia… todo é asumible se se fai con cordura. E as motos de reparto? Esas que circulan a velocidades aparentemente inaxeitadas, polos lugares máis insospeitados…E as bicicletas, raíñas das beirarrúas, soportables cando se comportan correctamente, perigosamente insoportables cando se comportan inadecuadamente.

Todo forma un conglomerado que dista moito de ser armónico, como se pretendeu. E vendéronnos a idea dunha zona peatonal idílica, onde as persoas serían donas do contorno, onde se podería mercar con toda tranquilidade, onde se poderían organizar actividades musicais ou recreativas que farían moito máis habitable un recinto amurallado que se foi despoblando como calquera lonxana zona rural.

Os empresarios do recinto amurallado preocúpanse pola situación. E non me extraña. Porque unha zona peatonal onde o peatón non é unha “especie protexida” está en camiño de perder ese carácter por desvirtuarse a idea que o puxo en marcha. E o caso é que a idea está ben, a normativa tamén. Só falta que alguén vixile o seu funcionamento correcto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES