Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As concertinas

lunes, 19 de enero de 2015
A desmemoria é unha eiva da nosa actividade individual e colectiva, e si é verdade que a historia é mestra da vida, os responsables da colocación das concertinas no campamento militar de Parga, non poden facer “tábula rasa” de anos de convivencia amigable nesta paisaxe entre os xestores das instalacións militares e os veciñ@s que durante milenios conservaron con agarimo este recanto da Nai Terra co seu xeito de traballar sostible, fornecendonos dunha alimentación sá.

As terras de Parga e Guitiriz teñen unha longa historia de relación coa actividade militar, sobre todo na postguerra, así a través do Aeródromo de Guitiriz, ao pé dos Boedos, onde mesmo aterraban avións da escuadra norteamericana ó servizo dos seus plans militares en tempos convulsos. En ambos casos foron os veciños os que cederon terreos para as instalacións.

Pero, sen dúbida son os penedos, a testemuña máis rexa desta presenza, como transmite Bouza Brey, lembrando as súas excavacións no Buriz no 1972, con estes versos: “teño pena das penas de O Buriz/ afincadas, estoicas,/ na gándara asombrada/ da metralla e das bombas/. Nin os toxos verdexan/ nin as chorimas douran…/ Voan lonxe os paxaros/ e se arredran as pombas…”, xa que cando Fermín traballaba no Monte Pilreu, escoitaba os cañonazos do exército que facía maniobras na Serra de Montouto, e as balas rebotaban nuns penedos arredados do seu labor…

Manuel María, emocionabase, lembrando como recitaba con Novoneyra, os poemas de Noriega, nos penedos do Castelo de Santa Cruz onde cadraron na mili, con voz alta e forte, para rachar o confinamento que esmagaba a súa sensibilidade.

No 2010 os responsables do campo de tiro fixeron unha loa a este recanto ó recibir o certificado polo seu trato respectuoso co medio ambiente, e nos corredores facíanse eco do impacto da beleza e acougo que contaxiaba a paisaxe aos que viñan por primeira vez a facer practicas militares. Lembro que un xeneral aludía a un regulamento do 1891 que rexistraba o coidado do medio ambiente nas maniobras. Aquel título obrigaba a controis e auditorías permanentes sobre esta calidade ecolóxica.

Todo isto está a esquecerse porque o arame creba a convivencia, coma si se tratase dun campo de batalla, e os ruídos arrepiantes dos aparellos das prácticas tamén son contaminación acústica.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES