Pastora Veres Rosende, veu para quedarse porque como tantos vilaregos que andaron polo mundo, nunca marchou. A pesares de que a súa

traxectoria profesional como traballadora social a ten levado a residir en Compostela e nas comarcas de Ferrolterra, Barbanza, Lugo ou A Coruña, é e está íntimamente ligada á Chaira é aos Vilares de donde é orixinaria.
Desde aquelas primeiras Romerías Labregas da Chaira nas que participou hai casi cinco lustros, no seu pensamento sempre estivo devolver á súa terra chairega aquelo que as circustancias lle impediron e que agora está a traballar co seu proxecto Os Vilares, lareira de soños, motivada por Manuel María cando hai 24 anos a convidou a plasmar en publicación aquela exposición fotográfica da parroquia e motivada tamén polo recoñecemento xeral do seu poeta e veciño Xosé María Díaz Castro.
E como o proxecto non é só un libro e un documentario, seguiremos após da publicación disfrutando de inciativas sostentadas pola memoria colectiva e conducidas por Pastora, Pas para os seus amigos, no futuro inmediato.
Pero Pas non é historiadora, nin tampouco investigadora, é fundamentalmente poeta cunha evidente vea xornalística que fará do seu traballo unha inmensa reportaxe de vivencias e lembranzas nunha bonita linguaxe poética, nunha expresión mesmo épica das vidas máis humildes e discretas.
Pastora veu para quedar e este seu mundo da cultura enraizada na mesma árbore de tantos que queren á Chaira desde o lugar máis pequeno, como as herbas pequerrechiñas de Díaz Castro que enchen de perfume o mundo.
Pastora fai tamén poesía, algo que tamén se coñecerá nun futuro non lonxano para seguir a encher esa creación xurdida do Vilariño e que xa se veu ampliada con outros poetas vilaregos.
Un ano de traballo e recopilación de datos, testemuños, imaxes, iniciativas, serán en pouco tempo unha xoia para unha pequena parroquia hoxe universal que debe ter nun futuro o seu espazo natural na casa de Pepe no Vilariño, na que se centralice non só a obra do poeta, senón toda a información, documentación e imaxes da súa parroquia conseguidas por Pastora e que será un bó fondo documental complementario, o grande museo e centro dos Vilares.
Todo canto leva recollido neste tempo será imposible incluilo no libro, pero nin queda perdido nin debe quedar esquencido porque é froito dunha aportación comunal, de todos, nese lume da lareira encendida por esta vilarega, que veu para quedar, porque nunca marchou...