Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manobras de empresa

martes, 14 de marzo de 2006
Que Endesa tomou moi a mal a Opa que lle lanzou Gas Natural é ben sabido, e as reaccións adoptadas en tódolos frentes son naturais mecanismos postos en marcha para defenderse do que se considera unha agresión.

Do mesmo xeito que é natural que unha empresa sinta apetencia por outra florecente que compite ou convive á beira, tamén o é que esa empresa e tódolos que nela participen se preocupen pola inxerencia e procuren rexeitala ou desviala.

Endesa, desde a Opa (primeira das recibidas) fortaleceu a súa relación cos accionistas, emprendeu unha campaña publicitaria, e a saber que tipo de manobras empresariais puxo en marcha na natural defensa dos seus intereses.

Unha desas manobras parece ser a de ir casa por casa para conseguir que os clientes de Gas Natural pasen a ser clientes seus, e de paso tamén que os que son clientes das eléctricas queden baixo o seu control.

Así, nas visitas que nestes días están recibindo os consumidores galegos, ofrécese un desconto dun dez por cento na factura de consumo de enerxía eléctrica e un 2,5% no consumo de gas, a cambio de recibir unha factura conxunta formulada por Endesa. Non hai máis, por parte do cliente, que entregar un exemplar de cadansúa factura enerxética e asinar unha solicitude en tal sentido.

En tempos, os clientes habituais eran un dos activos máis importantes dunha empresa, pero polo que se ve, na actualidade, estes poden deixar de existir dun día para outro.

O argumento é poderoso: Un dez por cento no consumo de enerxía eléctrica e un dous e medio por cento no consumo de gas, poden facer que a maioría dos clientes de Fenosa, Begasa ou outras empresas por unha banda, e os de Gas Natural por outra, se sintan movidos a cambiar de empresa subministradora.

Son manobras, sen dúbida lícitas, e máis se temos en conta as loitas empresariais entabladas, que poñen de relevo a fraxilidade das nosas relacións comerciais, a intelixencia que compre aplicar nelas, e a vixencia do vello refrán de que “Onde as dan, tómanas”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania