Mortos
Editorial - lunes, 13 de marzo de 2006
Xaime Rei, Alcalde de Redondela, sempre se distinguiu polo seu apoio ó galego. E a mellor proba é ter a Xosé González (Pepe de Redondela, para toda Galicia) á fronte do Gabinete municipal de Normalización Lingüística, e como Asesor do Concello.
Dando un paso máis neste labor, Rei ven de propoñer á Asociación intermunicipal Vieiro da Franqueira que se fomente o uso do galego nos epitafios.
Esto é: que as lápidas dos nosos cemiterios se escriban en galego, tendo en conta que a maioría das veces, os mortos que alí descansan, toda a súa vida a fixeron en galego.
Se a proposta de Xaime Rei vai adiante, os concellos da Asociación subvencionarán o sesenta por cento do custo (sempre que non suba dos 300 ) destas lápidas galegas.
Os beneficiarios da subvención deben acreditar con fotografía que a lápida ten alomenos tres frases en galego.
Na actualidade, só o 0,1% das lápidas están escritas no noso idioma, según un estudio feito en catorce concellos rurais.
A Galicia Dixital comprácelle acusar recibo á iniciativa do Alcalde redondelano, e desexalle o mellor dos éxitos.
Efectivamente, o idioma galego debe conquistar tódolos ámbitos, e o dos nosos mortos -tan queridos en Galicia- é un eido a conquistar. Xaime Rei afronta a primeira batalla. Se nela ten sorte, será bo para todos nós; será bo para o idioma, e será bo para Galicia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora