Botando unha ollada ao pasado
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de enero de 2015
O pasado explica toda a nosa traxectoria como seres humanos.
Os que peiteamos canas construímos o pasado reciente.
-¿Anímase a botarlle una ollada?
-¿Permíteme que lle fale algo da miña experiencia?
Tanto vostede coma eu estamos en condiciónsde afirmar que a historia dunha xeración ou a de dúas é insignificante se a comparamos coa historia da humanidade, pero posiblemente siginifique algo para ilustrar a vida deste ano 2015 que rematamos de comezar.
-¿Observa vostede moitas dificultardes a superar neste momento?
Eu que son una muller moi ignorante- vexo moitísimas: as noticias móstrannos infinidade delas e a nosa vida particular de cada día tamén. O noso futuro é en boa medida imprevisible.
-¿Son todas esas dificultades, insuperables?
¿Cantas podemos superar vostede e máis eu xunto con outras moitas persoas coma nós?
-¿E a nosa situación peor que dos nosos avós, ou a dos nosos pais?
Non, certamente non.
-¿Imaxinábanse os nosos avós que teríamos todo tipo de electrodomésticos nas nosas casas?
Seguramente no terían nin a máis remota sospeita.
-¿Pensaban que podería haber un automóbil para cada membro da familia?
¡Quel tal dixo se apenas tiñan para comer e pagar os impostos!
-¿Cabíalles na cabeza que cun aparello tan pequecho como un móbil poderían facerse compras a miles de quilómetros de distancia?
Deso nada
Nin pensalo.
-¿Imaxinarían que a muller en xeral tería acceso ó ensino e incluso á universidade no noso país?
Non, porque corrían ditos que rezaban así:
La mujer y la sartén en la cocina está bien
A muller: ou casada ou monxa
La mujer y la cabra, cuerda corta y vara larga
-E outros
que hoxe en día tampouco nos caben na cabeza.
-¿Alcanzarían a comprender que a escolaridade fora obrigatoria para nenos e nenas sen distinción de xénero?
¿Para que? Total a muller para varrer, cociñar e levar unha casa non o precisaba
Suguro que a vostede se llen están pasando pola súa mente miles de sitiuacións que nunca crerían se os nosos a vós ergueran a cabeza.
Pois ben.
Todo eso e moitas cousiñas máis gozamos delas hoxe en día e tódolos países desenrolados.
Todo iso foi posible grazas ós esforzo de persoas traballadoras, emprendedoras e loitadoras como vostede e coma min. Persoas normais, a maioría, e algo máis despertas outras.
-¿Por qué conseguimos todo eso?
Seguramente que cadaquén ten as súas razóns, pero globalmente poderíamos resumilas así:
-Procedemos de tempos de moita estreitura.
-Sufrimos en carne propia moitas das necesidades básicas.
-Sentimos necesidade de superarnos.
-Traballamos de sol a sol.
-Non regateamos esforzos.
-Tivemos fe nun futuro mellor.
-Outras
-¿Podemos aplicar estes parámetros ó ano 2015?
-¿Levaranos esta crise a superarnos a nós mesmos?
Eu estou convencida de que si. Unhas persoas farano por afán de superación, outras por necesidade de supervivencia, outras porque non lles vai quedar otro remedio.
-¿Estamos en peores condicións que os nosos avós?
En condicións diferentes, si, pero peores non.
-¿Estaremos dispostos a traballar de sol a sol se fora preciso?
Quero pensar que si porque os nosos xenes son fillos dos das xeracións anteriores.
-¿Queremos un futuro mellor?
Neso seguro que estamos todos de acordo.
Entonces xa témo-las armas necesarias para superar con éxito este ano 2015 e en maior ou menor medida veremos alcanzados os bos desexos que nos formulábamos recíprocamente este nadal pasado.
Pero os desexos non son o mesmo que as necesidadades.
Podemos desexar moitas cousas pero non todas son necesarias para ser felices.
Por eso quero titular o seguinte artigo:
DESEXO NON É IGUAL QUE NECESIDADE
Hoxe tan só desexaba facer unh pequecha reflexión en honra ó que deixamos loitado nestes últimos tempos.
Graciñas por terme na súa consideración.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora