Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que por mayo era, por mayo...

miércoles, 14 de enero de 2015
Era no medieval “Romance del prisionero” no que se cantaba “Que por mayo era, por mayo, cuando hace la calor…”, para reflectir un tempo de gozo para todos menos para o prisioneiro que non podía ver o sol.

E xa que camiñamos nos primeiros tramos do 2015, que vai ser notable social e políticamente, mesmo no maio caluroso, lembremos que en maio vanse celebrar eleccións municipais para designar os que van gobernar os nosos temas máis directos durante os próximos catro años. E faltan, na práctica, non máis de catro meses para que nos xoguemos o noso futuro a unha carta, a unha papeleta, que así se nos presentan as cousas de imprecisas, de decisivas, de incontrolables.

Levamos moito tempo, anos, queixándonos de que temos poucas posibilidades de escoller entre os grupos políticos asentados no noso país, suspirando por novas forzas que ofrecesen novas posibilidades e contribuísen á renovación e democratización dos aparatos dos partidos que convertiron nunha partitocracia algo que todos nalgún momento soñamos como unha democracia de primeira orde.

E agora, a catro meses vista, temos unha confrontación política real, sobre a que ninguén ousa dar ningún tipo de prognóstico. Ben sei ou me parece que hai lugares -como na miña Vilalba natal- onde non vai haber unha grande alteración política nin neste tempo, nin nas mesmas eleccións, que non parecen registrarse síntomas de alteracións importantes en perspectiva.

E sen embargo en Lugo existe un nerviosismo total pola confrontación entre unha forza política que goberna en minoría, encabezada por un alcalde que leva quince anos gobernando e ten problemas legais que solventar; un partido popular que parece sufrir todas as repercusións negativas do goberno nacional; unhas forzas nacionalistas, divididas, e preto de media ducia de pequenos grupos que buscan migallas que poidan convertelos en chave dunha porta que renxe de tanto abanear nela. E así, en moitos máis lugares de Galicia.

Será por maio, cando o calor empeza a apretar, cando sintamos o calor da política que fai ferver os ánimos. Moito imos ter que cavilar e razonar ata entón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES