A Big Band de Foz
Fernández, Suso - miércoles, 14 de enero de 2015
Dos variados números culturais desenvolvidos na vila perante as pasadas xornadas do nadal, foi de grande éxito o concerto que a Big Band, sinónimo de orquestra de jazz, ofreceu na sala do Cenima, repleta de público. O grupo, formado por unha ducia de exalumnos da focega Escola de música , baixo a dirección de Arcadio Mon; unha música que apareceo polos anos 30 do pasado século e que tivo o seu maior esplendor entre as décadas 40 e 70 do mesmo; que creou pezas inesquecibles, das que foron autores nomes non menos lembrados: Pérez Prado(O rei do mambo), Louis Amstrong, Glenn Miller, Xavier Cugat
. De títulos coma Cerezo rosa, Mambo nº 8, Perfidia, Siboney, Serenata a la luz de la luna
e outros, entusiasmando a un auditorio numeroso que disfrutou dunha audición pouco prodigada en concerto: de feito e, salvo erro, é ésta a única big band existente na Mariña.
Arcadio, coa ducia de músicos que o acompañan, lograron un rotundo éxito, nun acto magnificado pola brillante intervención do humanista doutor Pablo Mosquera que, namorado da nosa bisbarra, que é a súa, amais de entusiasta melómano, atesoura un amplo bagaxe da cultura e da historia do contorno; valores que teñen o cénit na vella cidade da Paula, capital histórica.
Arcadio, fundador da Banda de Foz, director da Escola , de quen temos escrito que con él chegou a música a Foz: expresión que as vivencias cotiás ratifican a cotío; e con él o polifacético Pablo Mosquera, que preside Os Aventados, forman o tan-dem que aquela tarde impartiron lección maxistral que os presentes souberon apreciar e premiaron con entusiastas aplausos.
O cronista non dubida en calificar de histórico o acontecemento que con seguridade permenecerá por tempo no recordo dos que tiveron o privilexio de disfrutar desta feliz mestura da música e da docta palabra feita literatura e historia:¡parabéns!.
(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora