Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Premiado o Club de Prensa de Ferrol

martes, 13 de enero de 2015
Cando o Club de Prensa de Ferrol camiña xa cara ao ano 28 -foi fundado en abril de 1987- O Concello de Ferrol decidiu imporlle a insignia de ouro, que recibiu o actual presidente Siro López no curso dos actos solemnes do patrón San Xiao.

Haberá que lembrar que a entidade xa foi galardoada no ano 2006 cos Premios de Galicia Comunicación, galardón que lle outorgou un xurado formado por directores de xornais galegos e que naquela ocasión acudiu a recibir Xan Morais, que naquel momento presidía o Club dos xornalistas ferroláns. É preciso, así mesmo, sinalar que o ano pasado tamén foi merecedor da insignia de ouro de Ferrol Luís Mera Naveiras, premio que, aínda que lle foi outorgado a título persoal, non pode desvincularse da súa traxectoria como dinamizador cultural o labor que vén desempeñando desde a fundación do CPF, primeiro no consello de redacción da revista FerrolAnalisis e desde o ano 1999, en que o que subscribe abandona a presidencia para pór en marcha o Diario de Ferrol, como secretario da galardoada sociedade.

O Club de Prensa alcanza a insignia de ouro coas actividades estrela fundacionais intactas, sumado o Curso de Pensamento Español Contemporáneo Carlos Gurméndez. Unicamente polo camiño quedou a exitosa Revista Oral que requiría gran dedicación e un orzamento que co tempo fixérona inviable. Pero aí están a publicación FerrolAnalisis e o certame de fotoperiodismo Galicia en Foco, eixos principais que abordan o xornalismo escrito e gráfico, sobre os que pivotou, ao longo deste xa denso período, a acción da entidade xornalística.
No marco editorial hai que engadir a creación dos seguintes selos: o "Caderno" que acompaña á revista FerrolAnalisis, "Testemuñas" e "Documentos FerrolAnalisis".

Tamén se apuntarán no seu haber os congresos sobre dúas personalidades ferrolás do mundo liberal e socialista, José Canalejas e Pablo Iglesias.

Nestes case 28 anos, o Club de Prensa de Ferrol converteuse nun referente na defensa da liberdade de expresión, conmemorando inicialmente o día mundial marcado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas (1993) para, a raíz do asasinato de José Couso polos tanques norteamericanos na guerra de Iraq (2003), crear o premio que leva o nome do camarógrafo ferrolán, actividade na que vai da man do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, cuxa primeira edición arrinca no 2005.

Na súa programación tiveron cabida ciclos de conferencias e diversas iniciativas relacionadas co mundo da prensa e a radio. Ultimamente convocou un certame xornalístico que pechou xa o prazo de recepción de traballos.
Dirixiron o Club de Prensa de Ferrol, Germán Castro (presidente fundador e hoxe presidente de honra), Pichi Varela, Julia Díaz Sixto, Xan Morales e María Ares.

Polo camiño deixáronnos os seguintes socios: David Fojo Salgueiro (1918-1995), Antonio Martínez Barcón (1942-1989), Mario Couceiro Bescos (1920-2003), Vicente Alfonso Castro (1926-1989), Andrés París (1929-2001), Francisco de Ayguavives, "Chisco" (1944-1996), Javier Fernández Justo (1948-2005), Juan Jorge Bruquetas, "Coque" (1946-1989), Manuel Nadales Castro (1958-2004), Bernardo Castelo Álvarez (1950-2006), Jaime Quintanilla Ulla (1919-2002), José Pérez Costa (1957-2006), María da Concepción Pantín Barros, "Chicha" (1945-2007), José María López Ramón (1916-2009) e Joaquín Campoamor (1957-2009).
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES