Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rapaces

viernes, 10 de marzo de 2006
A concentración, respondendo a mensaxes a través do teléfono móbil, ten antecedentes non moi lonxanos que demostraron a utilidade deste método para conseguir poñer en pé – en pé de guerra ou simpletemente alerta- a un colectivo innominado.

Neste caso, son os rapaces. A través destas mensaxes, conectan entre sí e convócanse para concentrarse en determinados lugares nos que facer sentir o seu poder, baseado no número e na oposición ós usos e costumes da sociedade rexida polos seus pais.

O “botellón” é un sistema que presenta como vantaxes unha maior independencia en canto á busca dun lugar de lecer, menor custo e mellor garantía de procedencia dos líquidos a inxerir, e a posibilidade dunha autoprogramación en canto a horas e lugares onde facer a propia festa.

Como contraindicacións, están a maior cantidade de sustancias alcohólicas ó dispor dos consumidores, a idoneidade ou non dos lugares elixidos, e o respecto ás normas de convivencia que respondan ó principio do dereito propio limitado polo dereito alleo.

No comezo, as concentracións eran dunhas ducias, logo dalgúns centos, agora de milleiros. Comeza a preocupar cuantitativamente o problema, despois de facelo cualitativamente.

Pode que sexa o signo dos tempos, e se en tempos as rebeldías se acreditaban mediante os pronunciamentos públicos de opinión e as actividades políticas, neste momento de apoloxía do hedonismo, da valoración dos bens tanxibles, da loita pola primacía absoluta, quizáis este botellón colectivo e avasallador sexa o xeito en que os nosos rapaces – e as nosas rapazas – digan : “Estamos aquí, e hai que contar connosco”.

As zonas populares, monumentais ou recreativas, das cidades do País, son o marco elixido para estas novas invasións. Non veñen do norde ou do leste, como as bárbaras invasións da antigüidade. Veñen de nós mesmos, de dentro, das nosas casas, da nosa vida. Son froito de nós. Son nós mesmos. Son “outros nós”, que nos suceden, e que posiblemente non fan máis ca repetir – con outros modos, con outros medios – o que os maiores fixemos.

Cambiarán as modas e os modos. Todo é efímero, e o botellón tamén. Debe preocuparnos moderadamente. Debe preocuparnos moito máis que o número de rapaces que morreron en Galicia nos últimos tempos é o doble proporcionalmente dos que morren no total de España. Eso é bastante máis preocupante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES