Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ramiro do Merendeiro

de Guizán, Antón - viernes, 16 de enero de 2015
Ramiro Castro, coñecido nos Vilares como Ramiro do Merendeiro polo lugar da parroquia no que asentou a súa vida é un home polifacético, Ramiro do Merendeirounha "rara avis" en calquera parroquia pero non tanto nos Vilares, que con esa pobreza de do pasado xerou espíritus inquedos e emprendedores das máis variadas facetas.

Ramiro foi labrego, carpinteiro, taberneiro, foi ás segas a Castela cómo tantos da súa xeneración (vai camiño dos 90) e foi un reputado reloxeiro, non reparador e vendedor, que tamén, reloxeiro con maiúsculas, coñecedor dos complicados mecanismos e construtor de reloxos coa súa propia marca, Ramiro Castro, Os Vilares.

No seu taller hai aínda multitude de aparellos medidores de tempo e foron numerosas as persoas e empresas que encargaron reparacións, restauracións e construcción destes trebellos a Ramiro.

Unha fonte de sabiduría e lembranzas, Ramiro aínda retirado, sigue distraendose cos seus aparatos que confesa son a súa pasión e que foron a súa vocación aínda que se tivera adicado a outros negocios para saír adiante en momentos máis críticos.

Autodidacta e estudioso da reloxería, resulta meritoria a súa profesión nunha pequena aldea alonxada en tempos de calquera tecnoloxía e comunicacións, o que inviste a este home nun curioso caso de modelo emprendedor e creente da súa pasión.

Aínda hoxe, pódese ver a Ramiro xogando a partida no coñecido local de hostelería no lugar do Medendeiro dos Vilares e mesmo mostra con orgullo o seu taller ateigado de mecanismos.

Testemuña duns tempos non tan lonxanos, conserva unha memoria envidiable e un amable trato que da esa inquedanza que sempre tivo polo coñecemento.

Ramiro do MerendeiroRamiro formará parte tamén desa memoria Vilarega e Chairega que Pastora Veres e Cibrán Tenreiro están a gardar no seu proxecto dos Vilares, lareira de soños na que se destaparán historia e persoas que hai en todas e cada unha das parroquias galegas con pouco que se busquen.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES