Xa pasou máis dun ano desde que se anunciara o inicio do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS, nacido dunha encomenda do poeta Manuel María a Pastora Veres 24 anos antes para que levara a unha

publicación as historias que se adiviñaban detrás das imaxes dunha exposición fotográfica na Romería Labrega da Chaira.
Comenzou o traballo para o libro de Pastora e o documental de Cibrán Tenreiro con centos de entrevistas e horas de gravación que se atopan xa no proceso de redacción definitiva e de montaxe que verán a luz nos primeiros meses do 2015.
Pero a información acadada levou a novas iniciativas non previstas como o deseño dun logotipo identificativo, a creación do premio Trapeiro de Honra, a web http://dosvilares.com e un portal de novas da parroquia de casi 1000 seguidores www.Facebook.com/osvilares.
As fotografías aportadas serán a base dunha nova exposición, estase traballando para a recuperación e posta en valor do fondo fotográfico de José Lobeiras "O Armeiro" e Fuxan os Ventos ven de musicar o poema de Marica Campo adicado ao Señor Pedro o Trapeiro dos Vilares.
Un proxecto vivo que medra e crea máis necesidades de recuperación dese mundo, herba pequerrechiña que decía Diaz Castro, pero universal, porque cada persoa e a súa historia é un universo, unha lareira...
Un traballo porta a porta do que os veciños dos Vilares son os verdadeiros protagonistas, os vellos e os mozos,a súa memoria, as imaxes, pasado, presente e futuro. Sin eles e empresas, institucións, entidades e persoeiros que aportaron documentación, testimonios e axuda, non sería posíbel. O noso inmenso agradecemento a todos.
Un traballo de historias, de antropoloxía social e cultural enraizado no pasado pero amarrado ás nivas tecnoloxías e ao futuro, a novas fórmulas narrativas nas que o libro non terá nada que ver co documental e que obrigará a visionar ambos de forma independente porque ambos son traballos de autor, independentes, nos que o único nexo de unión é a parroquia e as distintas maneiras de entendela e interpretala, desde o coñecemento dunha nativa (Pastora) e dun visitante (Cibrán), que además pertence a esa xeneración dos que xa non naceron na aldea. Sin dúbida un plantexamento diferente e interesante para este tipo de traballos e do que todos estamos ansiosos por que vexa a luz para homenaxear a cada persoa, antepasados e futuros vilaregos de dentro e dos que se foron e serán.
Pero máis aló da gratificante experiencia deste traballo, a conclusión é que calquera parroquia da Chaira atesoura un patrimonio material e inmaterial para descubrir e manter, que un pouco que se estudie destapa unha riqueza inmensa. Cecais Os Vilares sexa unha parroquia coa fortuna de ter o recoñecemento do seu poeta que cumplirá 25 anos do seu pasamento no 2015, pero Os Vilares é moito máis e eso é o que quere dar á coñecer este proxecto complementario coa obra de Pepe do Vilariño e coa súa memoria, porque Os Vilares é unha intensa lareira de soños pero tamén unha lareira de todos.
