Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os tractores, eses amigos mortais

lunes, 12 de enero de 2015
Cando era neno e estaba en primaria, chegounos a triste nova de que un compañeiro de clase, morrera aplastado por un tractor nas vacacións de verán na aldea. Este feito deixounos a todos con tan curta idade trastornados e fondamente tristes. Moitos anos despois, un parente con grande experiencia coa maquinaria agrícola, Ángel Yáñez "O Fontarraña" de Ferreira, en Lanzós, morría tamén en parecidas circunstancias.

Estes días, lin nun xornal que as mortes por accidentes de tractor van en Galicia a unha media de vinte por ano, unha barbaridade e un drama para o noso rural.

O tractor que tanto axudou a mellorar a calidade de vida nas nosas aldeas e esas condicións de traballo, tamén quita vidas da maneira máis inesperada e cruel.

Hai quen culpabiliza aos propietarios, a imprudencia, a maquinaria vella, as pistas e corredoiras e outras causas. Pode ser, pero o certo é que resulta difícil de entender que a industria, os adiantos tecnolóxicos e a evolución dos tempos se empreguen en mellorar a habitabilidade das máquinas e apenas teñan evolucionado na seguridade.

Resulta difícil entender que as administracións, tan esixentes con todo nestes tempos, non teñan celo nun asunto que se cobra tantas vidas. Non hai excusa, os tractores traballan nas leiras e nos montes, e para eso están concebidos e cando o seu coste é tan alto, resulta incimprensible que sigan volcando e aplastando xente.

Non só morren labregos con tractores vellos, nin xente inexperta, a orografía galega non é a de Castela e polo tanto as medidas de seguridade e protección deben ser extremas e urxe tomar medidas nese sentido de inmediato e non plantexadas cómo negocio, sinón como calidade para o noso agro, e si eso pasa por unha financiación pública, estará ben empregada con unha soia vida salvada.

Só queda agardar por outros vinte no 2015 ou cortar esa sangría de raíz. O tempo o dirá.
Os tractores, eses amigos mortais
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES