Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Melón

jueves, 09 de marzo de 2006
Melón é un pobo de Ourense que ten un magnífico mosteiro: Mosteiro de Santa María, que o Concello quere rehabilitar por entender que é vital para o desenvolvemento da zona.

Ata aquí, unha situación do máis normal.

A situación complícase -e posiblemente se solucione- porque o Alcalde de Melón, Alberto Pardellas, canso de que o Ministerio da Vivenda non tomase cartas no asunto a pesar de que xa no exercicio de 2004 existían partidas con tal fin, tomou por asalto pacífico a sede do Ministerio en Madrid, e non volverá a Melón ata que a Sra. Ministra, María Antonia Trujillo, o reciba e dea solución ó que considera problema vital.

Á hora de redactar este Editorial non temos noticia do resultado da expedición do alcalde de Melón a Madrid, pero cabe augurarlle bo resultado porque os políticos en xeral -e canto máis altos, máis “sensibles” son- teñen de palla algunha extremidade e temen que poida resentirse a súa sona pola mala publicidade que supón ese plantárselle diante para esixir solución inmediata.

O malo destas cousas é que se tódolos alcaldes de España -que deben sobrepasar bastante os nove mil- toman similares decisións, Madrid pode convertirse nunha nova meca das peregrinacións deixando en segundo plano á nosa Compostela.

A Ministra terá que comprender -os Ministros ás veces comprenden- que o Alcalde de Melón, desplazado a Madrid con este único fin, non ten marcha atrás posible e só pode volver á súa terra con decisión firme e afirmativa da titular da Vivenda.

Para que estes temas funcionen, hai que se-lo primeiro. Porque en canto vinte alcaldes faigan o mesmo, os medios informativos deixaremos de prestarlles atención.

Pero o de Melón foi o primeiro. Así, que xa pode dispoñerse a Ministra, que o Mosteiro é unha fermosura e unha riqueza histórica, e Melón ben vale unha audiencia
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES