Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outras historias: Só unha mirada

lunes, 12 de enero de 2015
Pode que sempre temera que aquilo fora suceder pero o autoengano resultara ata entón moi efectivo para Anxo. Alí estaban, dous anos despois, sentados fronte a fronte nunha terraza calquera. Rápido e letal, así foi o golpe. Un simple instante frente a aquela mirada impenetrable e a memoria encargábase do resto recuperando recordos e sentimentos. Os primeiros traían un regusto doce, os segundos volvéranse amargos. É curioso como apenas un instante, un xesto, foran suficientes para tirar abaixo unha falsa seguridade que agora parecía esvaecerse como aquela néboa que volvera pálidas as siluetas que percorrían o paseo marítimo.

A luz do faro herculino acompañábaos de preto e clareaba por momentos o cabelo fino de Aldara. Irónicamente el estaba máis perdido ca nunca. Imaxinábase observado por ela, xesto dulce pero seguro, e sentía lástima por aquel home que nervioso desviaba a mirada incapaz de soster o peso da realidade. Por un intre reparou naquelas mans de elegante trazo e imaxinounas unha vez máis acariciando aquel piano que deixara na súa memoría algo máis ca melodías. Odiaba o que estaba a sentir porque non podía controlalo. No fondo sabías que isto podía ocorrer, parecían advertirlle aqueles silencios. O orgullo e a vergonza continuaron a conversa no seu lugar, pois el estaba bastante lonxe dalí, concretamente dous anos atrás, lembrando con precisión os detalles da última discusión. Ó tempo que falaba sen decir nada preguntábase que sería o que ela estaba a sentir e a incertidume acrecentaba a súa incomodidade. O ollar intelixente co que ela o observaba parecía entendelo todo e iso supoñía aceptar a derrota. Foi nese intre cando Anxo entendeu que as historias non rematan cando un pensa, quizais non rematen nunca. Pode que, ó igual que ocorre coas estrelas, aquela historia seguise a brilar a pesar de levar tempo morta. Pode que non brilase tan só nel.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES