O traballo
Castro González, Francisco - jueves, 08 de enero de 2015
Actualmente un dos problemas en España é o paro, é dicir, o número de persoas que non teñen traballo. Antes en España atopábase traballo con moita facilidade e ademais esas persoas tiñan pouca preparación, pero agora hai persoas que fan carreiras moi complicadas e que conseguen moitos títulos pero non atopan traballo aquí polo tanto a única fórmula é irse para o extranxeiro, e estase dando a casualidade de que no extranxeiro atopan traballo, o que quere dicir que España está moi mal organizada no aspecto de crear postos de
traballo.
Isto provoca que as persoas que non continúan os estudios e son moi traballadoras non atopen traballo porque xa que as que estudan lles costa atopalo, estas xa case non teñen posibilidades. Isto quere dicir que nalgúns países coma Inglaterra e Alemaña tratan mellor ás persoas e á hora de contratar a alguén non hai enchufe se non que depende dos estudos que teñan as persoas.
Ao provocar que as persoas novas se marchen de España fai que España empeore moito como país. Ademais España non aposta nada polas investigacións científicas, que son moi importante para o desenrolo económico e, por exemplo: para descubrir novas menciñas.

Castro González, Francisco
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora