A Deus rogando e co mazo dando
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de enero de 2015
Pois si.
Acaban de pasa-los Reis magos polas nosas casas e ademais de traernos tantos agasallos como foron capaces de transportar, tamén nos trouxeron moita enerxía para emprender con ánimo este novo ano.
Eles viñeron desde Oriente e pouco a pouco foron chegando, porque viron una estrela que lles daba ánimos e que ó mesmo tempo que os guiaba, dáballes alento para que puideran ver cumprido o seu desexo.
-Grazas a todo eso moitísimos nenos e non tan nenos- esperamos ilusionados o día de Reis.
Basta con ve-las imaxes dos medios de comunicación social co gallo da cabalgata de reis.
-Grazas a todo eso os nenos gozan cos agasallos e os maiores non o disfrutan menos.
-Grazas a todo eso, mantemos a ilusión nun día máxico nas nosas vidas.
-Grazas a todo eso, moitos desexos vense cumpridos.
-Grazas a todo eso móvese a economía.
-Grazas a todo eso créanse postos de traballo e moitas persoas traballan afanosamente todo o ano para levaren pan para as súas casas.
-Grazas a todo eso créase ilusión
¿Imaxínase vostede o que pasaría se os Magos non viran a estrela?
¿Imaxínase o que pasaría se, aínda que a viran, non a seguiran?
-Imaxínase o que pasaría se lles cansaran as forzas antes de chegar ás nosas casas?
Pois a nós pásanos algo semellante con relación ó ano que estamos comezando.
-Unha estreliña máxica dinos que nos espera un futuro prometedor:
-Porque queremos conserva-los nosos valores.
-Porque confiamos na creación de novos postos de traballo.
-Porque esperamos que a nosa economía medrará.
-Porque traballaremos canto poidamos para que mellore o noso benestar e o das persoas que nos rodean.
-Porque confiamos no futuro mellor cada día.
-Porque sabemos que nunca choveu que non escampara.
-Porque mantémo-la ilusión de vivir.
-Porque desexamos un mundo mellor para os que veñen detrás.
-Porque sabemos que os nosos prensamentos son positivos e conformes cos cánones.
-Porque sabemos que en boa medida os nosos pensamentos constrúen o noso futuro, poque actuamos según pensamos.Outra cosa e que non sempre dan as contas da casa coas da praza.
-Porque somos conscientes de que os nosos esforzos non quedarán defraudados.
-Porque todo canto facemos volverá a nós e a recompensa ós nosos esforzos está asegurada.
A fin de contas, os esforzos non caen en saco roto.
Porque A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO
Imos ter que mazar moito, pero como di un coñecido dito galego:
MALO SERÁ:
-Malo será que non haxa una man amiga que nos axude nas nosas dificultades.
-Malo será que o corvo sexa máis negro que as ás. Nunca tal se víu.
-Malo será que non se lle vaian poñendo remedio ás dificultades que se nos vaian presentado. Xa din alí que todo ten remedio menos a morte.
-Malo será que a nosa economía non vaia collendo outras trazas, porque seica din os ententidos que estamos a punto de despegar.
De momento toca: MAZAR E ROGAR.
Logo xa iremos vendo
Iremos vendo como co paso do tempo, pasan tamén as dificultades, só se precisa botar una ollada ó pasado e ver como todo se supera.
BOTAR UNHA OLLADA Ó PASADO será o título do vindeiro artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora