Europa, un barco indo a pique
Cardalda, Theo - miércoles, 07 de enero de 2015
Desde o Preguntoiro: Europa, un barco indo a pique
Despois de Alemaña en premer a Grecia metendo o medo ao persoal, agora sae por peteneras o socialista francés Sr. Hollande metendo máis presión considerando que: Europa son reglas y disciplinas. A baixeza deste Hollande francés servo do capital, ten a ousadía case infinita de seguir chamándose socialista. O máis triste é que en España sae dicindo o Pedro Sánchez que Hollande e Renzi son os seus referentes, pois imos de cranio co referente.
A Europa que representan tanto o neoliberalismo como estes socialistas non é decente, por iso hai outras alternativas para abrir outro camiño a esa Europa posible, solidaria e defensora dos dereitos dos cidadáns.
¿Que van dicir estes galopíns?. Da maneira que teñen montado o cachifallo vailles de carallo. O que non queren é que o cidadán lles troquemos as porcalladas financeiras. Están esnaquizando a democracia en Europa, ou sexa, a democracia está en grande perigo.
¿Desde cando a Mafia cre na democracia?. A EU é un espantallo político-mafioso composto por banqueiros, financeiros e políticos corruptos, onde a súa cobiza nada lle importa os cidadáns nin o sufrimento, só conta os beneficios da cosa nostra.
Agora Europa é un proxecto errado, un barco indo a pique por un fato de piratas que o abordaron tralo Tratado de Lisboa, onde as reglas y las disciplinas as fixeron para as finanzas e a banca, non para unha Europa Social.
Intentan dicir que non hai alternativas, sempre houbo alternativas aos batifondos políticos na historia. Claro que hai alternativas a saír deste pozo no que nos meteron estes desalmados que seguen enchendo o peto ata sacarnos os sancomiños.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora