Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Muller

miércoles, 08 de marzo de 2006
O día 8 de marzo todos temos a obriga moral de pronunciarnos encol do tema da muller (traballadora) no mundo actual, tan competitivo, tan duro para todos, tan especialmente dificil para algúns sectores da sociedade.

En tempos, as celebracións viñan marcadas pola superioridade, e os medios informativos –especialmente os escritos en papel- tiñan que dedicar editoriais ou comentarios a determinados temas en datas sinaladas. Loxicamente, o día da Muller traballadora –se é que daquela existía- non era dos de Editorial obrigado.

Hoxe sí. Hoxe, para ser “politicamente correctos” hai que pronunciarse a favor da muller traballadora.

Por eso, e por convicción, hoxe recollemos este tema sabendo que, ademáis doutras moitas cuestións, o feito de que a muller traballe fóra do seu domicilio foi un dos maiores factores, quizáis o máis decisivo, para a modernización de Galicia no último cuarto de século.

Ampliar o panorama da muller a algo máis que a casa e os fillos, abreu un mundo novo para tódalas mulleres que se apresuraron a invadilo con entusiasmo e forza, a pesar de que aínda faltan 100.000 postos de mulleres para que o mercado de traballo se equipare.

O traballo da muller fóra do seu domicilio (moitas veces acumulado ó que fai dentro del), cambiou roles e costumes, incorporouna á sociedade de consumo e da información, revolucionou o mercado de traballo, fixo moito máis complexa – e polo tanto máis rica – a vida galega.

Nunha terra coma a nosa, onde o Matriarcado foi norma vital diante da ausencia dos homes pola emigración ou polo traballo do mar, a muller, socialmente, non precisa ser equiparada a ninguén porque ten acadado un status abondo elevado e digno. Alomenos sobre o papel. Falta que a realidade confirme e recoñeza o que todos temos asumido na teoría, na idea, nas crenzas.

Hoxe, 8 de marzo, é o Día da Muller traballadora. En Galicia é redundancia. Abonda con dicir “Día da Muller”. E punto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES