Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: 56 anos de Cabalgata

lunes, 05 de enero de 2015
Din as crónicas que en Alcoi celebrouse a primeira Cabalgata de Reis de España, en 1855; vinte anos mais tarde a seguiría a localidade de Ibi. Polos anos 30 cesaron as mesmas, que voltarían na década seguinte que con celeridade espalláronse, mais ou menos, polo país.

Habería que esperar tempo a que arraigasen na nosa bisbarra; polo que a Foz atinxe cómpre 56 anos, pois foi en 1959 que as SS.MM. chegaron á vila, procedentes de Ribadeo que, comprido alí co seu cometido, trasladáronse ó noso pobo, para regocixo dos veciños, nenos e adultos, co que era unha ilusionante novidade.

O vecindario botouse á rúa, así como a “caravana” que formaban pouco mais da media ducia de coches particulares que nutrían o parque automovilístico local: o SEAT 1400 de Talleres Martínez; os Renault 4x4 de Balboa, Emilio de Flores e Barbeitos; o Dauphine de Morán; o coche do veterinario; os dos médicos Teixeiro e Candia; o de Jeremías Pardiñas e o de don Alfonso Conde... que lembremos, formando unha “longa riola” coa xente de a pé, dende o garaxe da Renfe ao bar Náutico, lugar da recepción, no vello edificio de Socorros Mútuos, no porto, que polos 90 foi derrubado para levantar alí o que hoxe acolle a cafetería dos xubilados.

O musical era de luxo: a prestixosa rondalla mindoniense do “Pallarego”, músico e barbeiro, que facía da súa “oficina” (onde se exerce o oficio, según Manuel María) ágora cultural; espacio de xuntanza de artistas e intelectuais que se prodigaban na cidade, cuxa escola de música leva o seu nome. Nela formaba, co violín, o focego Chicho de Botes que, na sucursal do entón Banco da Coruña, encetaba a vida laboral.

Os ribadenses, chamados polo alcalde, Pepe Beltrán, acudiran a Foz por non termos os adobíos propios da efeméride; seria ó ano seguinte (1960) cando se estrearon, xa en propiedade,contando, dende entón, con Reis autóctonos.

Na estrea encarnaran ás SS.MM.: Javier Morán; un persoeiro foráneo residente na vila, chamado Terencio, e o cronista que suscribe. Hai mais de medio século nacía a Cabalgata focega que, ata o de hoxe, nunca faltou ás citas posteriores.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES