Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A compra da Olivetti

jueves, 08 de enero de 2015
Cada vez que botamos unha ollada retrospectiva á historia local topámonos con episodios que o paso do tempo os converten en feitos que hoxe nos parecen insólitos ou cando menos sorprendentes e que en boa medida reflicten os niveis sociais culturais e económicos de cada época.

Polo ano 1935, era alcalde de Foz Cándido Eijo Maseda . Na sesión do pleno da Corporación Municipal celebrado o 7 de febreiro do devandito ano tratouse, entre outros asuntos, o referido á adquisición dunha máquina de escribir que tiña ofertada a casa Hispano Olivetti. O alcalde diu conta ós compañeiros da Corporación de que xa se recibira, enviada pola firma suministradora, a tapa e a base ou tabuleiro da máquina que faltaban e que se tiñan reclamado, completándose así a súa presentación e funcionalidade, polo que procedía aceptar en firme a proposición feita por dita Casa da venta dunha Hispano Olivetti, modelo M. Hog, da súa fabricación, que tiña un custo de 1789 pesetas (10,71 € ), cantidade que o vendedor aceptaba recibir en tres prazos: o primeiro de 500 pesetas (3 € ) o día 12 de febreiro de 1934, o segundo de 500 pesetas (3 €) ó ano seguinte e o terceiro, o resto, 789 pesetas (4,72 €) o día 12 de febreiro de 1936.

Os munícipes, tras sopesar e debater tódalas consideracións do caso, por unanimidade, acordan a adquisición definitiva da máquina de referencia, nas condicións expresadas, e aprobar o pago do primeiro prazo, xa verificado. As cifras que se barallan na operación hoxendía poderían parecer irrisorias; pero para valoralas na xusta medida hai que decir, por exemplo, que o presuposto do concello para aquel ano 1935 era de 83.000 pesetas (497 €), ou sexa, a décima parte do presuporto total do ano, e igual ó importe que por Dereitos e Taxas ía ingresar o concello naquel exercicio.

Para percatarse do que a inversión significaba, decir que o xornal dun obreiro, no pleno da Corporación do 6 de decembro de 1934, fixárase en 5 pesetas diarias (3 céntimos de euro); é decir que un traballador necesitaría a paga de todo o ano para mercar a“Olivetti”, sen entreter unha peseta para outros mesteres..¡que tempos aquéles...!

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES