Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amigos dos Museos de Galicia

martes, 07 de marzo de 2006
Amigos dos Museos de Galicia “Amigos dos Museos de Galicia” nace no ano 1975 no Castelo de San Antón da Coruña, cando asume as responsabilidades de director o arqueólogo Felipe-Senén López, quen tratando de encardinar a institución co seu público e coa axuda de Rafel Mejuto García, do Grupo de Investigación e Rescate Subacuático (GIRAS) do Clube do Mar de San Amaro, crea os “Colaboradores do Museo Arqueolóxico da Coruña”. Neste evoluir constitúese e a afiánzase, pouco despois, o colectivo de “Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña”. A constancia en actividades en relación coa sensibilización sobre o patrimonio cultural foi medrando, propiciando no 1991 e na Coruña a xuntanza da “Federación Española de Amigos de los Museos”, fundamental para a súa revitalización a nivel de Estado. “Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña” suma amplas simpatías, proxectándose a súa actividade na vida coruñesa e de Galiza, deica recibir no ano 1994 o “Premio Otero Pedrayo”.

A falla de espacio para as actividades nas dependencias do Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, levou no ano 1995 a adquirir un espacio singular no corazón da Cidade Vella coruñesa, tras a ábsida da Colexiata de Santa María. Trátase dun baixo nun edificio modernista do arquitecto Antonio López Fernández, o coñecido autor da terraza de Sada. Destacado edificio pola utilización , artesanal e creativa, da carpintería e da forxa, especialmente nas súas portas. Espacio ao que se lle da o nome de “Portas Ártabras”, en relación pois co devandito, sumando como adxectivo o xentilicio de “Ártabras”, en lembraza dos antigos habitantes desta parte occidental brigantina que mira ao Atlántico. Esta é a base para a inmediata constitución de “Amigos dos Museos de Galicia”, colectivo de setecentos asociados, independente e autoxestionado, preocupado pola sensibilización e a posta en valor do patrimonio cultural. As “Portas Ártabras” ábrense todos os días da semana, cunha ambientación que equilibra a tradición e a contemporaneidade galega, como homenaxe á creatividade. En caso de disolución do colectivo, a Academia Galega de Belas Artes -titora destas inciativas e representada na directiva- sería a recipendaria e herdeira final do continente, contido e memoria das iniciativas.

Amigos dos Museos de Galicia, dende os seus inicios edita anualmente e desenvolve diariamente un programa que inclue cursiños, proxeccións, plataforma para a exposición de novos artistas, conferencias de profesores ou incluso de alumnos que se especializan. O obxecto é implicar como actores e non como meros espectadores, sensibilizar sobre o patrimonio cultural, entender a arte como veículo de concordia e tolerancia. As xeiras culturais son unha iniciativa realizada ao longo de todo o ano e por toda Galiza e polo mundo, tratando de dar a coñecer -dende unha óptica integral e tamén crítica- o estado da cuestión patrimonial, dos seus museos e das posibilidades de musealización. O obxectivo é sensibilizar, proxectar todos os sentidos sobre as cousas, implicar na creación, na conservación, no estudo e na divulgación do patrimonio: “conocer para querer e defender” este é un vello, representativo e coñecido lema deste colectivo galego. Procúrase fomentar o asociacionismo como síntoma de socialización, a colaboración coa institución do museo e con cantos colectivos teñan fins semellantes, especialmente cos máis desprotexidos.

Dentro desta actividade foron nacendo varios premios, que tratan de potenciar e exemplarizar actividades, como o “Pedra do Destino”, inspirado na lenda céltica de Breogán e a súa navegación a Irlanda, portando a pedra como sinal de identidade. Galardón adicado ao traballo desinteresado e constante en favor do patrimonio cultural que se entrega cada 18 de maio, con motivo do “Día Internacional dos Museos”. Premio dotado inicialmente cunha cantidade próxima aos 5.000 euros. Contribúese igualmente á difusión e significación desta celebración. Igualmente o colectivo celebra e espalla os contidos dados pola Unesco a cada 18 de abril, “Día Internacional dos Monumentos e dos Sitios”. Outro é o premio fotográfico “Obxectivo da memoria”, que trata de poñer en relevo o valor documental da fotografía como fonte da historia. Con el galardóase a aquelas personas que, a través da fotografía, souberon recoller o estado da cuestión ou a significación dalgún aspecto do patrimonio cultural, moble, inmoble ou intanxible de Galicia.

Amigos dos museos de Galicia reivindica o humanismo, o encontro entre as diferentes identidades, fronte a un mundo que se uniformiza e se globaliza aceleradamente.

AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA
“Portas Ártabras”
Sinagoga, 22. 15001. A Coruña
Tfno.: 981210101
www.amigosmuseogalicia.org
correo@amigosmuseosgalicia.org
López Gómez, Felipe Senén
López Gómez, Felipe Senén


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES