Vin o filme de Ridley Scott, 'Exodus, Deuses e reis' no cimema atraído pola curiosidade de ver os carros e apeiros do anticuario chairego dos de Xacobe, nas Reixas dos Vilares.
Sin entrar a valorar o filme, unha superproducción de Hollywood que se estrea simultáneamente en todo o mundo, síntome fachendoso dos nosos paisanos.
De pasado trapeiro cómo tantos veciños dos Vilares, Xacobe andivo tamén aos trapos e tivo taberna nesa vocación comercial que levan tantos vilaregos no seu sangue, e sigueu co anticuario acompañado dos seus fillos, Joserra e Jaki, deportista e vital o primeiro, poeta e artista o segundo, venden tamén apeiros nas feiras.
Xacobe, o patriarca, lembra no aspecto ao actor Kirk Douglas, que titulou a súa autobiografía "o fillo do trapeiro" no que semella unha conexión vital e mesmo artística entre ambos.

O señor Xacobe é quen de acudir á feira de anticuarios máis importante do mundo en Inglaterra sin saber inglés e facer negocios cun lápiz e unha libreta demostrando as posibilidades de entendemento a xóvenes e entendidos de macroeconomía coa maior humildade.
Xentes como estas poñen en valor a universalidade da aldea, demostrando que as pequenas cousas, as herbas pequerrechiñas das que falaba Díaz Castro, poden ser do máis grande.
Pastora Veres, no seu traballo no proxecto Os Vilares, lareira de soños, está a aportar o valor e agrandeza do humilde, do pequeno, do noso, desas pequenas pero xigantes historias que se esconden nas nosas aldeas e parroquias, só hai que destapalas...
Neste caso, carros e apeiros dos Vilares están polas corredoiras e lugares de todo o mundo a través da maxia do cinema e duns veciños orgullosos da súa orixe. Ese é o camiño... porque como os de Xacobe, "os que desafían os imperios, cambian o mundo"