Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pedir claridade

miércoles, 07 de enero de 2015
Imaxínome que non é mal pedir nestes tempos un pouco de claridade, sobre todo cando levamos un máster en tebras certificado en anos de resiliencia. Fráxiles navíos sucaron tempestades mentres suntuosos transatlánticos rachaban os límites morais ata atracar no lodo máis corrupto.

Polo tanto o que lle hai que pedir a este 2015 que empeza redúcese a unha verba: claridade e que nos traten como o que somos; xente de ben, intelixente e traballadora capaz de renacer un infindo de veces cara a vida. Se fomos sufridores dos sacrificios, somos merecentes dos beneficios e non hai nada máis prioritario que asegurar o benestar da cidadanía.

Pois que 2015 sexa o ano da claridade e do humanismo, agasallándonos cunha fonda conciencia cívica capaz de facer o futuro.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES