Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

R.N.E.

martes, 07 de marzo de 2006
Radio Nacional de España debe estar a punto de cumprir 70 anos, se temos en conta que naceu coa Guerra Civil con equipos que Alemania cedeu ó bando nacionalista, para os seus labores de adoctrinamento-difusión.

Viviu os tempos dos “partes de guerra” que se ben finalizaron co simbólico “La guerra ha terminado”, duraron alomenos de nome corenta anos nos que chamamos “parte” ós informativos de mediodía e noite, que comezaban co toque de “Generala”, o que nos colocaba nunha sicolóxica situación de “firmes, ¡ar!”.

Andando o tempo, coa necesaria revolución que vivíu Galicia, R.N.E. en A Coruña chegou a ser a emisora máis galeguista, apoiando decididamente o idioma e os contidos relativos ó país.

R.N.E. ( e o seu necesario irmán, ou parella de feito, T.V.E.), era deficitaria, e pasou a depender da S.E.P.I. (Sociedad española de participaciones industriales), como tal entidade non rendible economicamente.

E agora, a súa titular, a Sra. Cafarell, pretende reducir drásticamente servicios de R.N.E., entreles os relativos ós informativos de “Radio 5, todo noticias”, e desmantelar os “centros regionales” de T.V.E., para evitar os déficits sempiternos do Ente.

Así calquera soluciona un problema. Pero a este paso, a sanidade soluciónase eliminando radicalmente ós enfermos; o das pensións, borrando ós pensionistas das listas; e o do ensino, declarando non obrigatoria a formación dos nenos.

Agora que case tódolos medios teñen confesión política, e R.N.E. parece dos menos afectados polo control das forzas no poder, dar marcha atrás na súa implantación e servicios é un erro, un despropósito, e un atentado contra a liberdade de expresión, ese dereito co que enchen a boca os políticos dun e doutro lado en tanto buscan a maneira de controlar cada vez máis ós medios de difusión.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES