Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Vispalia, último capador da Chaira

lunes, 05 de enero de 2015
Serafín Vispalia (1902-1982) foi o último capador da Chaira, un oficio itinerante hoxe desaparecido pero moi importante naqueles tempos de posguerra nos que nas casas o gando e os cultivos servían para a subsistencia das familias e pouco máis.

Os capadores non só atendían cochos, senón carneiros e outras especies O Vispalia, último capador da Chairano período da primavera verán ademáis de facer outras labores veterinarias como operar as lurpias das vacas ou axudar con cesareas, eran tamén menciñeiros da cabaña animal de cada casa.

O Vispalia foi máis que un capador ou un menciñeiro, percorreu coa súa mula a Chaira desde Guitiriz a Outeiro de Rei, desde Friol a terras de Meira e era coñecido e recoñecido en tódalas casas pola súa bondade e bó talante, cobraba no que que podían pagar, que naqueles tempos era pouco.

Nado en Cospeito nunha parada de bestas e burras, resideu casi sempre en Goiriz, onde viven varios dos seus fillos. Gustaba do seu traballo e deixou amigos por onde pasaba.

Lembroo de cativo cando chegaba á casa de Ferreira en Lanzós naquela mula que para min resultaba imponente e escondíame porque tanto él como o pranto dos cochos me producían medo.

Xa maior, lembroo paseando co seu fillo Moisés e a súa nora Alicia e sempre levaba no peto da chaqueta aquela navalla de capador que sempre foi parte del, o símbolo do que el representa para a historia chairega.

Aínda hoxe, os seus fillos Manuel e Moisés lembran fachendosos a súa memoria e contan anécdotas divertidas deste cabaleiro chairego.

O poeta da Terra Chá, Manuel María, ten falado do Vispalia nos seus artigos co pseudónimo Manuel Hortas Vilanova no semanario A Nosa Terra, porque non se pode escribir unha historia da Terra Chá sin lembrar ao Vispalia.

Contan que na súa cabeza, foi capador até o día da súa morte, orgulloso dun oficio hoxe desaparecido, que exerceu con grande profesionalidade e bondade e que tanto ben fixo en centos de casas.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES