Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (41)

miércoles, 31 de diciembre de 2014
Historia dunha boneca


Laura, como se chamaba cando saíu da tenda onde a compraron os Reis, para unha neniña, que os pais lle escribiran. Era moi fermosa, das máis bonitiñas que había naqueles tempos, pois a nena que a pedira era dunha xente que vivía ben.

Os Reis trouxeron a boneca. Era o centro de atención de todas as amigas. Con ollos azuis, loiriña. Poucas había tan bonitas coma ela. Estaban todos felices. As nenas xogando. Durmíana en sabas guapas. Estupendo. A bonequiña sentíase contenta.

Pero, a nena foi medrando; pasaron os anos. Logo, viñeron outros xogos que lle interesaban máis. A boneca xa non tiña cariño, pois as nenas medraron. Empezou por estar arrinconada pola casa. Ninguén lle facía caso. Estaba triste. Pero, desde os rincóns, aínda vía a súa dona, xa unha mociña e moi fermosa, e sorría.

O pero foi cando a levaron para a bodega nunha caixa de roupa pasada de moda. Á roupa pasoulle coma a boneca: quedouse pequena. Alí, estivo moito tempo. A ela aínda lle rendeu máis, pois non vía a ninguén. Púxose toda porquiña; ninguén a coidaba. Ata que, un día, aquela caixiña foi parar á casa dunha avoa que tiña tres netas; unha xa era algo maior, pero, as outras dúas eran pequenas.

Esa avoa, que de pequena nunca tivera unha boneca, pois eran moitos irmáns, facíaas de carolos. Despois, envolvíaas en trapos e xogaba coas amigas que sempre tiña. Os pratos eran cachiños de tazas que rompían. O pemento faciámolo machacando tellas; pero, eramos felices. Tiña moitas primas; queríaas moito.

A avoa lavou a boneca, pois estaba moi manchada. Lavoulle a roupa. Puxo todo a secar ao sol e relucía. Ata a bicaba con bágoas nos ollos, pois recordaba o tempo da súa nenez, que tamén foi feliz. No lugar, había moitos nenos. Iamos xuntos á escola. Estaba a un kilómetro e medio da casa. De inverno, en zocas. Se chovía, un saco de carapucho. Cando nevaba, pasabámolo ben.

Na primavera, iamos aos niños dos paxaros. Era bonito, pois habíaos de todas clases. Os máis pequenos, buscabamos os de carrizo. Eran uns paxariños moi pequenos. Tiñan as patas coma se fosen de aramio. Os cativos buscaban os de rula. Eu tiña un irmán que, ás veces, traíaas para a casa, e coidábaas nunha gaiola. Poñíaas na aira, e as ruliñas estaban contentas. Os nenos tratábanas ben. Tivo algunhas que lles abría a gaiola e volvían outra vez.

A bonequiña xa está contenta, pois xa ten quen a queira. As netas están felices con ela. Só que hai un problema: non ten nome. Como chamarlle? A neta máis pequena quería Laura, pero, a outra, que é un pouco máis grande, non está de acordo. Por fin, deciden botalo a sortes. Como por fin de ano, se facían as dos santos. Nunha gorra, poñían os nomes dos da casa, e noutra poñían outros tantos nomes de santos, deses máis coñecidos. Os papeliños, tanto uns coma outros dobrábanos. Primeiro, sacaban o nome dos da casa. Logo, un dos santos.
Así, cada un tiña un santo para todo o ano.

As nenas fixeron moitos papeliños con nomes bonitos. Ao final, quedoulle o nome de Laura, o que lle gustaba a Antía, que, nestes momentos, a boneca está na casa dela. A bonequiña volve ser feliz, pois Berta terminou cedéndolle o nome que quería.

Esta historia vai dedicada aos netos desta avoa que a contou.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES