Un despegue sen controladores
Cardalda, Theo - miércoles, 31 de diciembre de 2014
Desde o Preguntoiro: Un despegue sen controladores
Na tradicional roda de prensa de balance do ano o Sr. Rajoy dixo: no ano 2015 será o despegue definitivo da nosa economía. Temo moito que o despegue se faga sen controladores desde o aeroporto de Castellón, iso quere dicir que imos alucinar en colores e defecar masilla.
Coido que nós, os paganos... somos os que non nos decatemos ben. Mirade que poñen todo o seu empeño en explicárnolo... pero nada, somos moi duros de miolos, estudamos nas escolas públicas... e así vainos na vida. O que quere dicir este Sr. do Lérez: que todo vai mellor que o despegue vai ser en diferido, é dicir, en tempo e forma... como se lle supón. Mellor que o volva a explicar, pois eu non me aclaro. O sinto, son moi burro. Aínda que para poder entendelo mellor que o explique a Sra. Mariloli Cospe.
Pode ser que entre o plasma e o diferido están a falar doutro país. Ese país onde un Ministro do Interior considera que interceda Santa Teresa de Jesús por España. Ou a influencia da Virxe del Rocío na saída desta crise (estafa). Ou pode ser que ese despegue do que falan teña algo que ver co Ministerio do Interior na condecoración á Virxe do Pilar.
Do país que eu falo, segue crecendo a desigualdade, pobreza e a precariedade laboral. A lamentable situación á que nos levou a política deste Sr. de gobernar para un 8% do máis podente deste país, sen recoñecer publicamente o nefasto das súas medidas para o resto dos cidadáns. Un país onde o peor que se esconde por parte do Goberno, é a falta total e absoluta de crer na democracia e liberdade, vulnerando esas liberdades a base de leis e decretos; este é o país onde eu vivo. O Sr. Rajoy fala doutro casposo país.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora