Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sinais de Esperanza

lunes, 06 de marzo de 2006
Pasado o entroido (no que a máscara encobre as nosas frustracións) imos enfrontar o camiño salvador da Pascua coa realidade da nosa vida cotiá, a cara descuberta. Sen medo nin pesimismos porque nos esperan Deus (que nos ama a fondo perdido) e os irmáns. Entre todos imos coller azos para sacar adiante a convivencia que traia a paz.

Na seguridade de que somos conscientes de que precisamos un cambio radical de mente e de corazón (a escala individual e comunitaria) para o que é imprescindíbel a revisión das nosas actitudes e comportamentos (a autocrítica) para desbotar das nosas vidas as máscaras e as hipocrisías (os demos cotiáns), imos ceibar unha rápida ollada á situación do mundo e ás razóns que abondan para manter viva e activa a nosa esperanza colectiva.

Feitos. A escala mundial, ademais das violentas liortas por mor do problema relixioso co Islam, acabamos de ser testemuñas da desfeita (violentas manifestacións con mortes incluídas) que a viaxe de Bush provocou nos países asiáticos (conflitivos de seu) e os sempre latentes problemas da fame e marxinación de África e América (o Sur. ¡Sempre o esquecido Sur!). No noso país, a longa e pesada tempada de crispacións e de pelexas verbais que levaron ó deterioro e mailo ó odio/rancor a pacífica convivencia tanto no eido político/social coma no económico e mesmo relixioso. Lembremos as escaramuzas nas rúas e nos parlamentos nestes últimos meses e varios anos. Algo insólito!

Pola contra, hai sinais positivos que permiten albiscar saídas de esperanza, con futuro. Algunhas actitudes persoais (poucas colectivas) dos dous grandes partidos (goberno e oposición) respecto do problema “vítimas do terrorismo” (“nova Lei da solidariedade”, aínda que algúns chamen “fogos frorais”); os anteproxectos da “Lei da Igualdade”e “da Dependencia” (da In-dependencia, segundo os máis afectados) a pesar de que ámbalas dúas nacen con fortes críticas pero queda marxe para un desenvolvemento mellorable.

Polo que toca á Igrexa, tamén hai sinais: O Papa acaba de renunciar ó título “Patriarca de Occidente” (por algo se empeza) e de declarar o mércores de cinsa que “ á violencia non se responde con vinganza, nin o odio e menos aínda cunha falsa espiritualidade. A resposta ten que ser a mesma de Cristo, a do amor”. Tamén falou “dunha pastoral baseada na cercanía” e con certa timidez de “dar máis espazo ás mulleres na Igrexa”.     

A reconciliación é unha tarefa de todos/as. Velaí a proposta do teólogo X. Pikaza aos bispos para expresar “o perdón/gratuidade”, signo do Evanxeo: “Podería inspirar a nosa Igrexa unha manifestación calada de perdón desde as mesmas vítimas que perdoan, como fixo e fai Xesús, sen demostracións de poder (sen rúas, en clave positiva), sen asomo de vinganza, nin resentemento, sen complexos de inferioridade!?”. (Eclesialia).
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES