Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir da luz do luar

miércoles, 31 de diciembre de 2014
Velaí volta o porvir enredado nun fado de Luís Goes. Velaí volta con poetas nocturnos que se contan por bálsamos de ledicia proxectados no futuro. Cada vez que os lemos, ou os recitamos, ou os cantamos alancan polos arrabaldes da historia eternizando emocións para transformar soños en porvires.

“Andam pela terra os poetas”, cantaba Goes con Carlos Carranca e certamente o mundo cambia porque a maxia existe en cada idea versificada. Que grande se volve un poema cando se fai un motivo de resistencia!, cando se volve bálsamo dun recordo ou cando acusa valentemente aos feridores da vida.

Mentres anden pola terra os poetas, a vida é posible porque é posible soñar e dende o soño soltar as rendas da creatividade. A poesía é futuro, eternidade que viaxa musicada de boca en boca espreguizando conciencias para facer porvires.

A poesía é a medida infinda dos soños e a seguridade de que o home pode ser o que queira simplemente crendo en si mesmo. Pois que anden moitos anos os poetas pola terra, que denuncien, que debuxen paisaxes, que berren de amor e que nunca lles falte a luz do luar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES