Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diferentes

lunes, 06 de marzo de 2006
Diferentes a todos. Iguales entre nós. Así parece que somos os galegos segundo un estudio da Universidade de Santiago, do que se deduce que Galicia é un espacio perfectamente diferenciado do resto da Península Ibérica, pero perfectamente homoxéneo en canto á súa poboación.

Sempre se nos dixo que Galicia, ó ser un fisterra, recibira tódalas migracións e invasións, e a mestura de xentes de tódalas razas fixera posible un crisol do que todos nós somos froito. Pois os estudios evidencian que non hai tal, que temos a “pureza” posible, que evolucionamos razonablemente de acordo coas actuales circunstancias favorables, e que se ben houbo unha forte mobilidade interna, o aillamento secular do resto da península fixo posible esta individualidade.

Podemos ter, mesmo, un standard físico diferenciado. Pero os temas físicos son só accidentais, e os que verdadeiramente valen, a efectos diferenciadores, son a cultura, a tradición, a historia, os elementos que nos rodean. Eso, sí que nos fai iguais entre nós, e diferentes de tódolos non galegos.

O carácter endogámico da poboación galega, fai que determinadas mutacións se manteñan no decurso dos séculos, aquí, ou fóra, nos lugares onde hai galegos.

Que para que serven eses estudios?. Para coñecernos mellor. Para modificar crenzas que se foron asentando co paso dos tempos.

¿O que nese estudio se dí, é bo?. Nin bo nin malo. E hai que coñecelo, e non facer desto bandeira, que non o merece.

As bandeiras non poden nunca ondear por motivos raciais.

¿Que somos diferentes?, Pois moi ben. Pero eso xa o sabiamos, aínda que coidabamos que esa diferencia procedía dunha conxunción múltiple de influencias, invasións e herencias.

¿Que somos diferentes porque sí?. Pois vale. ¡Que ben! Vivamos a diferencia, comprobando que nas diferencias están, precisamente, os motivos para coñecernos mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania