Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contos de beatas

jueves, 25 de diciembre de 2014
Desde o Preguntoiro: Contos de Beatas


“En España el mérito no se premia. Se premia el robar y ser sinverguenza. En España se premia todo lo malo”. “Este pueblo miserable transforma todos los grandes conceptos en un cuento de beatas”. Palabras escritas por D. Ramón del Valle-Inclán en Luces de Bohemia. Obra aparecida en 1920, onde sitúanos en graves feitos históricos da Restauración, tratando de desvelar a esencia daquela sociedade corrupta na que viviu o autor.

Despois de case 90 anos, o tempo parece que non pasou. Exemplo o temos en moitos casos: policías torturadores imputados e condenados polo supremo e logo condecorados. O máis triste o temos no último caso de fai uns días, onde a ex-ministra de Sanidade Ana Mato foi elixida Vicepresidenta primeira da Comisión de Cooperación Internacional. Posto que aínda non sei que carallo é, porén, vai acompañado este posto á suma de máis diñeiro que un deputado raso.

Xa non é un escándalo, é unha mofa total para o pobo deste país, para o pobo que non lle votou, pois o outro nin se decata de que vai a cousa ou simplemente risen das corruptelas.

A Sra. Mato foi a mellor alumna do líder do PP. Foi unha troleira, corrupta, manipuladora burlándose dos cidadáns de ben, malia, non saber os coches que tiña no garaxe. O ten todo para ser unha boa pepeira e deixando a sanidade como un solar. Ou sexa, todo unha xoia, unha chafallas desta “caspa” política da “Marca España”.

Hoxe Valle-Inclán non daría feito as obras destes contos de beatas, non daría abasto para atender tantos esperpentos diarios. ¡Ímola andando que a festa vai boa!.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES