Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polos camiños de Xesús

sábado, 04 de marzo de 2006
Pasado o entroido (no que as máscaras encobren frustracións) imos enfrontar o camiño salvador da Pascua coa realidade da nosa vida diaria, a cara descuberta. Sen medos nin pesimismos porque nos espera Deus (que nos ama a fondo perdido) e os nosos irmáns. Entre todos imos coller azos para sacar adiante a esperada convivencia que traia a paz. 

Na seguridade de que somos conscientes de que precisamos un cambio radical de mente e de corazón (a escala individual e comunitaria) intentando revisar as nosas actitudes e comportamentos (coa autocrítica) para expulsar das nosas vidas as hipocrisías (os nosos demos cotiáns), imos botar unha rápida ollada á situación do mundo e ás razóns que aínda son quen de manter viva e activa a esperanza colectiva do mundo/sociedade.

A escala mundial, ademais das violentas liortas por mor do problema relixioso co Islam, acabamos de ser testemuñas da desfeita (violentas protestas, con mortes incluídas) que a viaxe de Bush acaba de provocar nos países asiáticos (conflitivos de seu) e os problemas da fame e da marxinación en África e América do Sur.(¡Sempre o esquecido Sur!). No noso país, a longa e preocupante tempada de crispacións e de pelexas verbais que levan ó odio e ó rancor estrangallando a convivencia tanto no eido político/social coma no económico e mesmo relixioso. Os escándalos nas rúas e nos parlamentos.

Pola contra, a Deus grazas e ao esforzo de moita xente de ben, abondan sinais positivos nos que se albiscan camiños/saídas esperanzadas. Algunhas actitudes dos dous grandes partidos respecto do problema vítimas do terrorismo coa “nova Lei da solidariedade” (aínda con atrancos), os anteproxectos da “Lei da Igualdade”e “da Dependencia” (da In-Dependencia, segundo os afectados) a pesar de que ámbalas dúas nacen con fortes críticas pero nas que queda marxe para o diálogo e un desenvolvemento mellorable.

Polo que toca á Igrexa, o Papa Bieito XVI ven de renunciar ó título de “Patriarca de Occidente” e de declarar (o pasado Mércores da Cinsa que “ á violencia non se responde con vinganza, nin o odio e menos aínda cunha falsa espiritualidade. A resposta ten que ser a mesma de Cristo, a do amor”. Tamén falou “dunha pastoral baseada na cercanía” e de “dar máis espazo á muller na Igrexa”. (Algo se move. Por algo se empeza)      

A reconciliación é tarefa de todos/as. Velaí a pregunta/proposta do teólogo Xabier Pikaza aos nosos bispos para expresar coherentemente “o perdón/gratuidade” do Evanxeo de Xesús: “¿¡Podería inspirar a nosa Igrexa unha gran manifestación calada de perdón desde as mesmas vítimas que perdoan, como fixo e fai Xesús, sen demostracións de poder (sen rúas, en clave positiva), sen asomo de vinganza, nin resentemento, sen complexos de inferioridade!?”. (Eclesialia) ¿¡Non foi este o Camiño de Xesús!?
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania