Concellos
Editorial - viernes, 03 de marzo de 2006
Os concellos disfrutan de autonomía municipal nos asuntos da súa competencia, coas lóxicas limitacións en temas específicos, tutelados en determinados aspectos por outras institucións e administracións.
No caso do Urbanismo, quen tutela ós concellos é a Xunta de Galicia, que anda atarefada ultimamente pola redacción de Plans de ordenación en medio cento de concellos, e por vixiancia e control en aqueles nos que rexistran incidencias problemáticas: Tui, Sada... O último, polo de agora, Boqueixón.
Neste concello, modesto per sé, ó estar moi perto de Santiago, pretendíanse construir tres mil vivendas unifamiliares, que serían santiaguesas por inmediatez física, aínque que oficialmente fosen de fóra da capital de Galicia, coas naturais e evidentes vantaxes para os seus promotores.
Toda Galicia está evidenciándose como terra de promosión para os constructores. Ata agora, para os constructores patrios, pero desde agora tamén -e de xeito especial- para os foráneos, que desde máis aló do Cebreiro descubriron un mundo feliz, aberto, e relativamente barato.
O da baratura é relativo, xa que se para nós, os galegos, a vivenda -primeira ou segunda- se puxo polas nubes, para os habitantes de outras autonomías con moito mellor nivel de vida resultan asequibles e atractivas.
Por eso os constructores galegos están en movemento; por eso os constructores foráneos están investindo e programando en Galicia; por eso os concellos se están organizando para que este aluvión os colla preparados. Por eso en Urbanismo teñen traballo especial. Por eso hai que fiscalizar cada vez máis escrupulosamente o que pasa nos concellos.
Autonomía sí, pero controlada.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora