
Pois si, na Igrexa Católica tódolos santos teñen o seu día e incluso oitava; pero tratándose do Nacemento do Neno Deus, a festa é maior e non só ten novena, senón que as festas nadalencas duran quince días largos.
O acontecemento é de tal importancia que o mundo Cristián fai una pausa en toda regra: Noite Boa, Nadal, Aninovo e Reis son festas que van entrelazadas tanto para crentes como para non crentes.
Á UNED Sénior de Xestoso non se lle pasan estas datas por alto e por eso lles dedica un día especial. Este ano o día sinalado foi o 17 de decembro en Momán (Xermade, Lugo) onde a Uned Sénior de Xestoso conta cunha aula.
Alí nos reunimos 120 persoas pertencentes ó Alumnado da Sénior de Xestoso, entorno ó noso Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño:
E tódolos profesores que puideron e tiveron a ben acompañarnos.
Unha mención especial merécea o Profesor de Música: D. Francisco Javier García Canto que se encargou de dirixir o Alumnado da súa materia para ameniza-la celebración con cantos e panxoliñas acompañados de

diferentes instrumentos: acordeóns, saxofóns, gaitas, bombo, tamboril, pandeiretas, charrasco e outros.
Tamén interviñeron a nivel individual varios artistas que contribuiron a alegrar a festa.
As súas lecturas alusivas a esta celebración non deixou indiferente a ninguén.
A celebración tivo lugar en sesión partida de mañá e tarde cun xantar enxebre no intermedio, resultanto un día de convivencia entrañable entre todo o colectivo da Uned Sénior de Xestoso que sen lugar a dúbidas séntese moi afortunado por gozar dos privilexios que nos ofrece a Uned Sénior nesta comarca que abrangue desde as Terras do Mandeo ata a Terra Cha pasando polas terras do Eume.
Cheos de ledicia dispoñémonos a celebrar una pequenas vacacións para compartir cos máis achegados, esperando con ansia reanudar o curso o vindeiro sete de xaneiro do novo ano.
¡BOAS E FELICES FESTAS PARA TODOS!
Mercedes Cachaza Platas, Alumna da Uned Sénior de Xestoso, Aula de Paderne (A Coruña).