Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De vilancicos

martes, 23 de diciembre de 2014
Estamos de cheo nas datas en que o calendario sinala as xornadas do Nadal; celebración de ledicia e de nostalxias; a ledicia da volta ó fogar dos membros que se atopan espallados polo mundo, pero tamén das fondas nostalxias pola ausencia dos seres queridos, que nunca voltarán, e que deixaron as nosas vidas marcadas co vacío, ás veces prematuro, e polo tanto coa dor da súa existencia fugaz…

A música é, en esencia, a combinación de sons que expresan os sentimentos; cada circunstancia vital, cada estado anímico, ten a súa expresión musical: a alegría, a tristura, a victoria, a derrota, o amor e o desamor; todo en fin se interpreta e manifesta dende a sensibilidade expresiva das notas musicais, magnificando as vivencias mais íntimas e persoais.

O Nadal, de fonda resoancia na Humanidade, históricamente ten como expresión musical e poética o vilancico, nome que procede de “vilano”, equivalente a “rústico”, pois era a cantiga dos pastores. Logo os vilancicos cultiváronse nas capelas musicais das Catedrais, polos séculos XVII e XVIII, tempos de apoxeo dun xénero que ten seus precedentes nas festas agraqrias e na liturxia.

O vilancico foi moi cultivado en Galicia, chegándose a facer moi populares moitos deles fora das nosas fronteiras e aquí traspasou o ámbito popular, pois foron moitos os poetas que escribiron vilancicos, panxoliñas, nadais, aninovos e reis. Os mais preto de nós: Noriega, Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Trapero, Díaz Jácome…cantaron o Nadal, e Alvaro Cunqueiro cada ano escribía un para que o cantara Remediños, a filla do seu amigo, o músico e barbeiro “Pallarego”, quen os musicaba.

Un deles dí:“Porque son moi pequeniña/ non me deixaban vir/ pero díxenlle á abueliña / que me trouxera ata aquí. / Pensei traerche un regalo/, unha rosquilla ou un bolo, / pero aínda a mín tiveron / que traerme aquí no colo./… Medio kilo de xabón / nestes tempos de estraperlo /val como un ollo da cara / i-a todos nos ven “al pelo”. / Pro non é para vosoutros ,/ mal está en que eu o diga: / que é para San Xosé e o Neno / e mais para a Virxe María”.

Con todo o candor do Nadal ¡Galeguiños!: ¡cantemos xuntos á Navidá...!

(Suso Fernández e Fillo Predilecto e Cronista Oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES