Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como decidimos?

jueves, 18 de diciembre de 2014
A vida faise de decisións..¿certo?
Hai persoas que son moi decididas e outras moi pouco.
Cadaquén ten o seu propio carisma.

Ante una mesma situación, unha persoa decide facer dunha determinada maneira e outra nunca faría así.
¿Cal acerta?

Depende como e de que maneira. Depende como queira invertir os seus talentos a persoa en cuestión.

A).- Hai quen pensa que non ten tanta valía como outras persoas e daquela prefire: deixarse estar como está.
¡Non vaia a ser que empeore a súa situación!
Todos coñecemos algunha persoa ou alguna familia desta maneira, que nin é fariña nin salvado
Esa é a súa decisión.

B).- Hai persoas que, -sendo decididas- teñen o seu criterio de prioridades posto nos bens materias de consumo:
-Fan todo o posible por conseguir cantos máis ben materiais, mellor porque socialmente é o primeiro que salta á vista.
¿Coñece vostede alguna familia que se nega a pagarlle estudios ós fillos dicindo que non ten capacidade económica e acto seguido cómpralle un móbil de última xeración, unha moto ou un coche ó rapaz ou rapaza?
Outra decisión diferente, pero respetable.

C).- Outro tipo de persoas de economía xusta deciden privarse de moreas de cousas a cambio de que os seus descendentes adquiran cantos máis coñecementos mellor.
Para elas a inversión en educación é a mellr das inversións.
¿Coñece vostede algunhas persoas que chegaron a ser alguén na vida porque tomaron esa decisión?
Eu coñezo moitas, moitísimas.

Moitísimas persoas xoves que loitaron con tódalas súas forzas e souberon sacrificarse para conseguir aquela profesión coa que soñaron toda a vida.
Este tipo de persoas son persoas con paixón, persoas con valor, persoas con tesón, persoas loitadoras, persoas con moitísima forza de vontade.
Persoas con moitísimo mérito ó meu humilde entender.

Estas persoas adoitan ser grande profesionais e incluso poden chegar a ocupar postos de alta responsabilidade porque saben valorar o sacrificio que lles costou alcanzar ese soño que se fixo realidade.

Se miramos ben ó noso redor, observamos que -afortunadamente- hai moitas persoas que tomaron a decisión de conseguir algo que parecía moi difícil ou incluso imposible, e conseguírono.

Este tipo de persoas son exemplares.
Andan polo mundo como outras moitas.
Incluso podemos encontrarnos con elas na vida diaria.
Esas son a persoas que tiran do carro da vida persoal e tamén da vida social. Son os motores da sociedade.
Son a esperanza dun futuro prometedor.
Seguro que vostede coñece moitas porque vostede tamén é unha delas.

Reciba a miña máis cordial felicitación, e reciba tamén o meu sincero agradecemento por lerme nesta ocasión.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES