Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bóveda

miércoles, 01 de marzo de 2006
Bóveda, Alexandre. Morreu na Caeira, en Pontevedra, en agosto fará 70 anos, despois de ser condenado a morte en xuizo sumarísimo.

O cargo foi o de rebelión militar, esgrimido precisamente polos rebeldes militares. Polos que crearon un novo rexime en España e en Galicia que durou, mal que ben, ata finais de 1975.

Bóveda, en vida, era un símbolo. Morto, unha bandeira.

Bóveda, vivo, foi a cabeza pensante dos temas económicos da Galicia dos anos trinta, un dos promotores do Estatuto do 36, e por eso con el quixose facer escarmento para tódolos que, coma el, tivesen ideas diferentes do novo xeito imperante de pensar.

Bóveda tivo un xuizo, aínda que fora unha farsa. Outros moitos non o tiveron, e quedaron nas cunetas da historia agardando pola final resurrección dos mortos que, desde un punto de vista político e social, pode ser agora.

Un exemplo do que se pode facer deuno o Concello de Lugo cando rehabilitou moralmente a Luis Peña Novo, o seu secretario xeral en 1936, expulsado entón do seu cargo polas súas ideas e actividade nacionalista.

Pídese, agora, para Bóveda a rehabilitación; a reparación da súa memoria. E o seu caso chegou ó Congreso dos Deputados, onde a maioría se pronunciou pola rehabilitación de tódolos afectados, con excepción do PP, que non quixo entrar en “nostalxias guerracivilistas”.

Sen rachar os consensos alcanzados hai anos, cando se comezou a recorrer a transición, non pode adiarse por máis tempo a rehabilitación de persoas como Bóveda, que foron represaliadas -moitas delas, asasinadas- polo simple feito de pensar que era posible unha Galicia autónoma, unha España republicana, e situar por riba de todo o imperio da Lei e a democracia.

A familia de Bóveda leva 70 anos agardando. E como a de Bóveda, moitas máis que, como mínimo, merecen un xesto, unha palabra. Setenta anos de inxustiza é xa demasiado tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES