Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (12)

jueves, 18 de diciembre de 2014
Ano 1914
Paran as obras

† Nicolás Vázquez de Parga y de la Riva. Faleceu en Madrid o 23 de febreiro. Era deputado a Cortes por Lugo e director xeral de Propiedades e Impostos. O seu enterro estivo presidido polo ministro de Facenda, González Bescansa.
Nacera en 1866 en Penas Corveiras. Ós 30 anos xa era deputado por Lugo. Foi elixido membro do Congreso en oito ocasións. Ocupou a Dirección Xeral de Administración Local onde deixou gratos recordos. Foi compañeiro do tamén desaparecido Cos Cayón e no momento do seu óbito colaboraba cos señores González Besada e Bugallal. Estaba casado coa marquesa de Monte Real, María Valenzuela, filla da marquesa de O Hospital asilo de Vilalba (12)Caracena del Valle. Deixaba cinco fillos, o maior de 12 anos.
Forzas vivas de Vilalba, doutras vilas e da capital da provincia asistiron ós funerais que tiveron lugar en Lugo. Na nosa vila prevíanse as honras fúnebres para o 28 de marzo.

«A Tía Culasa». Como xa se indicou, baixo esta cabeceira aparece, xuño de 1914, o primeiro número dunha revista mensual escrita integramente en lingua galega e de carácter satírico humorístico. Non está claro que persoa ou persoas se ocultaban baixo os pseudónimos que asinan os seus artigos e opinións.
Imprimíase en H. Mancebo, de Mondoñedo. Na declaración de intencións manifesta:
A que veño? Vou dicilo en catro parolas... Pra dispir pubrecamen-te ó Tío Toño, [probablemente Antonio Peña] e logo que o teña en coiro, darlle unhas azoutiñas en salva senja la parte y con el disimulo de las caras honradas.
Máis claro aínda, por se alguén non me entendese: A Tía Culasa vén pra loitar co Tío Toño.
O Tío Toño é moi cuco,
ben se ve no que escribe;
quere ser concexal
pro non o consigue.
Si non foras un pelexo,
e dispensa que cho diga,
nin te meteras en lerias
nin tal papel escribiras.


Comisión Executiva de 24 de xullo. Faise constar que o xefe de obra, Maximilano Paz Felpeto, deu por rematadas as construcións de albanelería e cantería. Acórdase que se proceda a unha revisión do construído e que se lle pague o que se lle deba. Tamén se acorda que se tapien os vaos da planta baixa coa finalidade de evitar intrusións que poidan ocasionar estragos.
A falta de numerario era manifesta. A Comisión volve pedir fondos a corporacións municipais e persoas de caridade. Pero como as perspectivas eran malas e as noticias internacionais moi preocupantes, protéxese a obra tapando portas e ventás da planta baixa.

Comisión Executiva de 28 de setembro. Antonio Fraiz, membro da Comisión e mestre de obras, constatou que as obras estaban realizadas con corrección e conforme ós planos. Acórdase, pois, que se lle pague a Maximiliano Paz Felpeto a cantidade estipulada de 14.000 ₧ máis a ampliación da capela que fora pactada en 566 ₧. En total, 14.566 ₧.
A «Unión Villalbesa y su Comarca» pide que se coloque unha placa recordando a súa contribución. Así se acorda pola Comisión.
Non temos noticias de que se chegase a realizar esta ben merecida homenaxe. Daquela o edificio tiña rematadas as paredes exteriores, paredes mestras, colocadas as vigas do piso e do faio e o lousado. Cremos que nada máis. Non era momento para colocar a placa e probablemente se deixou para cando se retomasen as obras. A inestabilidade europea do momento, coa guerra que se iniciara había dous meses antes e que se estendería como a pólvora, debeu pesar na decisión de agardar por tempos mellores para proseguir o proxecto.

A Guerra Europea. En agosto de 1914 iníciase a cruel guerra que causou non menos de dez millóns de mortes. O que os estrategos prevían como un conflito breve, complicouse extraordinariamente. Nela víronse implicados a meirande parte dos estados europeos e algúns doutros continentes. España declarouse neutral: estaba nunha situación débil despois do desastre do 98 e inmersa nunha guerra colonial no norte de África.
Unha das consecuencias máis visibles foi unha inflación moi elevada. Os produtos de primeira necesidade comezaron a escasear e a subir de prezo, e as importacións tanto de alimentos como doutros produtos básicos eran impensables nun tempo no que os países veciños estaban somerxidos nun conflito como nunca antes se vira. Por outra parte os avances tecnolóxicos destinábanse fundamentalmente á industria militar. Calquera invento ou innovación na industria tíñase como segredo e non se exportaba.
Pola contra, tamén a causa da guerra, as Vascongadas e Cataluña coñeceron un desenvolvemento das industrias siderurxia e téxtil.
Esta foi unha boa época para a burguesía industrial e comercial, para a oligarquía terratenente e para o mundo financeiro. Sen embargo os salarios dos obreiros e dos traballadores do campo non subían e o poder adquisitivo de gran parte da poboación minguaba.

«Azul y Blanco». Con esta cabeceira aparece o 25 de outubro unha revista quincenal de carácter literario e de actualidade. … nada de menudencias, de intrigas y bajas pasiones. Con la visera alta y armados de todas armas buenas, combatiremos caballerosamente cuando la importancia del asunto exija terciar en la contienda.
Foi o seu inspirador e director Ant. García Hermida. E foi el o autor dun chamamento a «El Ratón» e «El Eco», para colaborar en todo o que supuxese adianto, progreso e benestar en pro da amada terra que os viu nacer. Custaba cada exemplar 10 céntimos. Só se distribuía por subscrición. Descoñecemos cando deixou de publicarse, pero é moi probable que non continuase máis aló dos primeiros meses de 1915.
Quen se gardaba baixo o pseudónimo «Da Ponte» -Ant. García Hermida- escribía sobre a emigración:

Por qué se van
Xa non hai alegría nas festas
nin cantos de amore
porque fuxen da terra os rapaces
e vanse pra lonxe.
Unhos vanse pra terras extrañas,
e vanse, meus pobres,
porque pensan que en terras extrañas
a montós os cartiños se collen;
outros vanse prá guerra afrecana
e baten o cobre
cos refeños que tras dos penedos
lles gardan a morte.
Xa non hai alegría nas festas
nin cartos de amore,
porque fuxen da terra os rapaces
e vanse pra lonxe.

Camiños. As obras da estrada a Meira van adiantadas nos seus tramos primeiro e segundo. Dise que axiña se van iniciar as obras do proxectado camiño veciñal a San Simón.

Órgano da igrexa parroquial. Está previsto que se instale a finais de outubro. Construíuno a casa Alberdi, de Barcelona.

Ferrocarril eléctrico. En outubro parece haber indicios de ir por bo camiño o tan demandado asunto de construír o ferrocarril eléctrico para unir Lugo con Ribadeo pasando por Vilalba e Mondoñedo. Xa se constituíu unha sociedade e «Hidroeléctrica del Tronceda» comprometeu o subministro eléctrico. Espérase que o asunto non quede tan só en proxecto.
O Hospital asilo de Vilalba (12)
Velada músico-teatral. Vaina celebrar a «Juventud Antoniana». No programa figura «El Padre Diego», asunto dramático en dous actos e en verso, do mozo José Cacharrón López, e «El doctor trilingüe» do tamén mozo Plácido Peña Novo.

Pavimentación da avenida do Progreso. O Concello non dispón das 70.000 ₧ que se precisan para esta obra. Demándase que se pidan ó Estado para dar ocupación ós centos de obreiros que vagan sen traballo por mor da precaria situación económica provocada pola Guerra.

«Azul y Blanco». 19 de novembro de 1914. La solución del problema caciquil y de la usura, de ese problema tan odioso como añejo –y por añejo con fuertes raigambres en el país– que siglos se levanta como un fantasma aterrador, la solución de ese problema, al parecer tan complejo, es cuestión sólo de cultura e instrucción. El caciquismo alimenta sus raíces en la abonada tierra de la ignorancia. A mayor ignorancia, mayor plaga caciquil. G.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES