Lei de Acoitelamento Cidadán
Cardalda, Theo - miércoles, 17 de diciembre de 2014
A semana pasada o Parlamento dou luz verde ao estado policial que impón a Lei de Seguridade Cidadán (lei mordaza). Porén, teño que dicir que eu lle trocaría o nome por: Lei de Acoitelamento Cidadán. Lei aprobada por só o PP, contra a opinión de todas as forzas da oposición e polo 80% da cidadanía.
Agora toca comunicarlle á poboación a gravidade desta lei, explicarlle que estamos nunha ditadura de baixa intensidade. Este infame goberno, utiliza a súa maioría absoluta para quitar dereitos e liberdades que moitos acadamos con grande esforzo, sufrindo cadea e principalmente aqueles que quedaron no camiño asasinados polo réxime fascista. Estes señores non saben o que é democracia, só queren o poder para logo espoliar as arcas públicas e de manipular todo con mentiras ao estilo do nazi Joseph Goebbels.
Unha maioría da policía e xudicatura non está conforme con esta Lei que atenta moi gravemente contra os dereitos fundamentais dos cidadáns, dereitos que serán vulnerados como na franquista Lei de Orden Público de 1959.
O encargado de tripar eses dereitos desde o Ministerio de Interior é o opusdeista Jorge Fernández Díaz, fillo dun general franquista, Este Ministro Sr. Fernández zumega unha amargura doutros tempos, vota en falta non haber nacido unha décadas antes; coido que sería moito máis feliz nunha férrea ditadura. Que siga condecorando as imaxes de virxes mentres esbandalla a paus aos cidadáns de ben.
Primeiro recortan os dereitos, esnaquizan a vida dos traballadores, xente humilde e da clase media e agora por riba queren que non protestemos polo que nos están a facer. Somos a vergoña de Europa e o mundo libre. ¡Manda carallo na Habana!. Despois de burros vareados.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora