Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de Nadal

martes, 16 de diciembre de 2014
Na espiral do tempo a tradición marca ciclos, celebrados con festas de orixe agraria. O Nadal é festa estacional de inverno: auga, lume do sol, terra e aire, de sempre foron considerados principios da vida... O tempo de neves, pecha e abre o novo renacer. O 21 de decembro acontece o solsticio de inverno: nova declinación do sol, a noite mais longa do ano, o día mais curto.

Nas casas artéllanse proxectos de anovación, mais aínda no pasado, cando as casas significaban tanto, o necesario refuxo para a invernía, sen outros medios de diversión que a conversa, os cantares e os contos ó lume da lareira.

A parroquia era o lugar de encontro para todo acontecemento; as campás eran como a voz comunal, pregoaban as ledicias e tamén as mágoas. O ciclo, milagre que supón a vida-morte-vida, o paso obrigado polas catro estacións do ano, foi celebrado sempre con fitos que son festas. Cada relixión apoderouse de vellas costumes, asimilounas e reconverteunas; pero tamén puxo os seus argumentos e outros novos símbolos. Cada época vai deixando algo de sí neste herdo que ven do pasado, pasa por nós e continúa para o futuro....

A Igrexa acolleu a significación destas festas mais antigas no duodenario místico, eses doce días de Noiteboa a Reis, o tempo de Nadal, tan cargado de senso relixioso, onde fundamentalmente celébrase o nacemento e a familia.

Ese sentir espallouse pola cristiandade, trasladando as datas do nacemento de Cristo a este período que pecha e abre o ciclo anual do almanaque: Noiteboa, Nadal, Santos Inocentes, San Silvestre, Aninovo e Reis.

Na Noiteboa as familias xúntanse na casa materna, prepárase a mesa como sacro altar de encontro; por eso ten connotacións de ledicia, e tamén de fondas nostalxias. E remata o ciclo cos Reis Magos. Na súa véspera, grupos de nenos/as cantan vilancicos. Volta a ser xornada familiar, de intercambio de regalos; o xantar e a cea convocará a todos arredor da mesa, será a despedida do tempo de Nadal, que desexamos moi feliz para amigos e lectores.

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES