Vilalba urbe et orbi
de Guizán, Antón - martes, 16 de diciembre de 2014
Deixando á marxe as simpatías ideolóxicas e personais, Vilalba debe ser das localidades que máis persoeiros importantes produce nos últimos tempos, e non falo xa do ámbito local ou comarcal, que tamén, sinón de relevancia estatal e mesmo internacional en diferentes ámbitos, para ben e para mal dependendo do xuizo que se queira facer.
Eu, aviso, e son de esquerdas, galeguista e independentista, pero non se asusten, digoo para que se teña en conta que son obxectivo daquela maneira...
Dito esto, a relevancia de persoeiros vilalbeses como Manuel Fraga, Rouco Varela, Ramón Chao, o seu irmao, o fillo, Manu Chao, Ramón Villares e o recentemente nomeado Director da RAE, Darío Villanueva son exemplos da factoría vilalbesa de persoeiros.
Si a estes sumamos moitos outros en facetas empresariais, culturáis, xornalísticas, podemos concluir que a capital da Terra Chá ten capacidade de liderado non só na comarca senón alén das fronteiras galegas.
Ese liderado non se traduce no propio concello e comarca, na que os políticos son máis equiparabeis á crise e decadencia máis que á iniciativa e destaque de empresas e persoas que trunfan aló donde van.
A política chairega parece máis instalada na autocomplacencia e a mera xestión que en ser motor agora que se precisa máis que nunca.
O potencial existe, o talento tamén e o éxito vai normalmente á marxe dos poderes públicos ou ao seu pesar. Mágoa que detrás da sona non haxa nada, que.numerosos persoeiros non aportaran nada e sobre todo que non se souberan canalizar sinerxias para xerar proxectos e riqueza.
E conclúo, en Vilalba, e na Terra Chá, somos os mellores gobernados polos peores... E disculpas ás excepcións...

de Guizán, Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora