Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O carballo da Portela

lunes, 15 de diciembre de 2014
Xa está. Xa confisquei o carballo da Portela porque tiña a folla rebeirada. A quen se lle ocorre! De todas formas, achegueime ata a súa sombra e alí sentei para ler no xornal que a produción de árbores na comarca denominada O Recuncho da Presa era proporcional aos ovos que puña unha galiña ou pita durante todo un ano, ou sexa, escasa. Hai que ver, co bonitas que son as árbores! E ca sombra que dan! E cos niños que acollen!

Agora, a causa desa escasa produción, tamén teñen que escasear, por lei ou por lóxica, os paxaros, por exemplo. Se non aniñan, non crían. Se non crían, non hai paxaros. Intentarei recompoñer a folla do carballo da Portela, a ver se así a semente se expande e repoboamos para obter unha produción acorde co nome da comarca.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES