Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Postos de traballo

lunes, 27 de febrero de 2006
Se non souberamos que o conselleiro de Traballo é un loitador no eido laboral desde o comezo dos tempos, poderiamos pensar que quere que os rapaces solucionen pola súa conta a problemática laboral, quitándolle preocupación e “traballo” de diante.

Porque a política, que é a arte de conseguir as cousas posibles, e en moitos casos non tan posibles, no que a traballo se refire, tendo en conta o país e no momento no que estamos, debe propiciar que as empresas creen e manteñan postos de traballo, e que estes proporcionen estabilidade ás mozas e ós mozos galegos.

Nunha xuntanza de Xoves Empresarios de Galicia, o Conselleiro anunciou un paquete de medidas para fomenta-lo acceso da mocidade ó emprego estable, nunha campaña aberta, na que os programas irán variando segundo a realidade que vaia amosando o mercado laboral.

De paso, o Conselleiro animou ós rapaces a crea-alo seu propio posto de traballo.

Que sí, que eso está ben para os emprendedores, que é mellor que comecen novos con toda a ilusión e na percura da necesaria experiencia. Que poden iniciar unha empresa en solitario, en alianza con outros, e mesmo sen perder o seu carácter de traballadores, a xeito de cooperativa. Tamén, claro está, de xeito autónomo sendo os seus propios patróns.

Pero tamén teñen todo o dereito de atopar un posto de traballo, se non queren afronta-los riscos dunha iniciativa empresarial, conformándose coa tranquilidade da actividade diaria dirixida, sen máis responsabilidade que o traballo ben feito.

Os postos de traballo son vitais para calquera tecido social, e máis para o noso que produce importantes excedentes no rural que a diario se incorporan ou intentan incorporarse ás empresas existentes nas zonas urbanas da Comunidade.

O emprego autónomo -ó que sen dúbida se refería ó Conselleiro- pode ser unha gran solución. Pero esa é a solución que aportan os nosos rapaces, e que merece todo tipo de apoios. Todos agardamos sempre polas solucións que a Xunta ofrece, aínda que -os miragres, nesto, tampouco existen - non debamos agardar imposibles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania